ALCALDÍA E MEDIO RURAL
O alcalde e o concelleiro de Medio Rural reúnense cos veciños da Gracia
O alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, acudiron á Gracia, na parroquia de San Caetano, para reunirse cos veciños e escoitar as súas demandas de cara a este ano e ao resto do mandato.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento avanzan na coordinación para a construción da estación intermodal
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, reuniuse hoxe en Madrid co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, e coa directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, para coordinar actuacións para o desenvolvemento da futura intermodal de Santiago. O encontro, no que tamén participaron representantes do ADIF, viña sendo demandado do Concello de Santiago despois de comprobar que non existía coordinación entre os proxectos da estación ferroviaria e da de...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As escolas infantís celebran o Entroido
As escola infantís municipais de Conxo e de Meixonfrío-Salgueiriños celebraron este xoves a tradicional festa de Entroido, coa que pechan o programa de actividades no que estiveron traballando nestas datas. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, achegouse ata a Escola Infantil Municipal de Conxo para participar na festa "A granxa de Min".
TURISMO
RTVE gravará este ano o capítulo sobre Santiago da serie documental en 4K "Cidades españolas Patrimonio da Humanidade"
RTVE producirá a serie documental en 4K Cidades españolas Patrimonio Mundial, na que mostrará a riqueza histórica e cultural das 15 cidades de España declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO. A Corporación e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinaron este mércores o convenio de colaboración para comezar este ano a produción da serie. O capítulo sobre Santiago de Compostela gravarase este mesmo ano 2016.
ACCIÓN CULTURAL
Homenaxes musicais a Shakespeare e Cervantes na axenda cultural de febreiro
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este mércores a axenda cultural do mes de febreiro. Música, teatro e arte conforman unha programación con espectáculos para todos os públicos.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participou no acto inaugural do encontro "100 consellos para 2016"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asistiu á inauguración de 100 consellos para 2016, II Encontro para Directivos Líderes de Galicia, celebrado durante a mañá deste mércores no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández asiste á entrega dos diplomas das accións formativas de Cáritas
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acudiu esta mañá á sede de Cáritas Interparroquial na rúa do Hospitaliño para entregar os diplomas dos cursos formativos que impartiu a entidade. En total foron seis accións ás que acudiron 91 persoas.
MEDIO AMBIENTE
Xan Duro recolleu o diploma concedido a Santiago como finalista nos Premios Ciudad Sostenible polo proxecto Tropa Verde
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, recolleu de mans da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en funcións, Isabel García Tejerina, o diploma que recoñece ao Concello de Santiago como finalista nos XIII Premios Ciudad Sostenible, promovidos pola Fundación Fórum Ambiental. A cidade foi distinguida na categoría "Xestión de Residuos", polo proxecto Tropa Verde.
ACCIÓN CULTURAL
O Entroido de Compostela volve apostar pola participación da veciñanza
A concelleira de Acción Cultural presentou este martes a programación coa que se vai celebrar o Entroido en Compostela, con tres citas clave: o desfile do Meco e o pregón, o sábado 6; o desfile do Martes de Entroido; e a queima do Meco, o mércores 10. Na rolda de prensa, Branca Novoneyra estivo acompañada por membros das dúas comparsas máis antigas de Compostela, Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño, e por José Manuel Méndez, o creador do Meco.
CONVIVENCIA
A Policía Local imparte unha charla sobre seguridade viaria en Down Compostela
No marco do programa Vivimos as mesmas realidades, a Policía Local impartiu este martes unha charla educativa aos mozos e mozas da Fundación Down Compostela. O obxectivo destas sesións é que os alumnos e alumnas aprendan a circular con seguridade.