DEPORTE
Oito profesionais do deporte contarán a súa experiencia á mocidade no curso "Recoñece a túa excelencia"
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou en rolda de prensa o curso Recoñece a túa excelencia, dirixido a mozos e mozas de Compostela de entre 14 e 16 anos. Na rolda estivo acompañado polo coordinador da actividade, Iván Espiñeira, o atleta Pedro Nimo e o árbitro da ACB Jacobo Rial.
MOCIDADE
En marcha novas actividades do piloto de Orzamentos Participativos de Mocidade
A concelleira Branca Novoneyra deu conta hoxe do inicio de tres actividades organizadas polo Departamento de Mocidade, ao abeiro do piloto de Orzamentos Participativos nesta área para 2016. Trátase do ciclo Cine Espallado, dunha campaña de sensibilización contra o maltrato animal e dun curso de comunicación en Lingua de Signos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía toca mañá venres no Centro Sociocultural de Fontiñas
A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar mañá venres un concerto no Centro Sociocultural de Fontiñas. Esta actuación, que será gratuíta ata completar o aforo, comezará ás 19:00 horas.
FACENDA
Ábrese o prazo para votar as propostas finalistas dos Orzamentos Participativos Compostela Decide
A partir de mañá, venres 7, e ata o 25 de outubro, a cidadanía compostelá poderá decidir a que destinar unha parte do orzamento municipal para 2017. Son 1.000.000 de euros en total divididos en 4 áreas (rural, nordeste, sueste e cidade) para as cales se foron recollendo ao longo destas semanas diversas propostas veciñais. A web dos Orzamentos Participativos Compostela Decide recolle todas as iniciativas de investimentos que finalmente superaron a fase de avaliación e...
ACCIÓN CULTURAL
O relato curto e o teatro protagonizan as novas actividades dos centros socioculturais para os vindeiros meses
A literatura vai ser protagonista de dúas das novas actividades que se desenvolverán na Rede de Centros Socioculturais nos próximos meses. A concelleira Branca Novoneyra presentou hoxe esas iniciativas: as sesións de Liñas Paralelas, que vai dirixir Pepe Sendón, e un Obradoiro de Dramaturxia, a cargo de Roi Vidal.
POLÍTICAS SOCIAIS
Xa se poden solicitar as prestacións sociais de "Compostela Máis"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, anunciou esta mañá que xa está en vigor a ordenanza Compostela Máis de garantía básica cidadá, composta pola Renda Municipal e polas Prestacións de Rescate Social.
ALCALDÍA
Reunida a mesa de diálogo coa hostalería
O alcalde de Santiago presidiu hoxe a reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros. Na xuntanza participaron tamén os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro; así como representantes de PP, PSOE e BNG. Pola parte do sector hostaleiro participaron membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela.
CONSORCIO
Unha mostra fotográfica do 20º aniversario da Real Filharmonía pode visitarse nos CSC de Vite, Santa Marta e Fontiñas
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana concertos gratuítos nos centros socioculturais de Vite (hoxe, mércores 5), Santa Marta (mañá, xoves 6) e Fontiñas (venres día 7). No marco desta iniciativa, os tres centros acollen ademais unha exposición conmemorativa do 20º aniversario da orquestra. É unha selección de instantáneas de Luis Soto, amante da fotografía e frautista da agrupación.
TURISMO
Nove longas documentais no Womex Film Nights, aberto ao público
O Womex 2016, que ten entre os seus patrocinadores ao Concello de Santiago, a través de Incolsa, amplía o seu campo de operacións dende á música ao cine máis directamente emparentado coa música. Womex Film Nights é o nome da sección cinematográfica do festival que se celebrará entre 20 e o 22 de outubro e que ofrecerá un total de nove títulos no Museo das Peregrinacións. Esta é a primeira vez que este festival cinematográfico se celebra de maneira aberta aos públicos...
FACENDA
Mañá xoves remata o prazo para facer propostas de actividades de mocidade dentro dos Orzamentos Participativos
Mañá, xoves 6, ás doce da noite pecharase a opción de facer propostas para a área de Mocidade na páxina dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.