IGUALADADE
Noa Díaz asiste á entrega dos X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e dos VI galardóns Ruth Matilda Anderson de fotografía, convocados pola USC
A concelleira de Educación e Políticas de Igualdade, Noa Díaz, asistiu hoxe á entrega dos "X Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero", que cada ano entrega a USC. Resultaron gañadores un proxecto docente sobre a materia Estrutura Social e Estado do Benestar, e unha investigación sobre a muller na historia rural.
TURISMO
Un xurado profesional selecciona as tapas que participarán no Santiago(é)Tapas 2019
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a vicepresidenta da Asociación Hostelería Compostela, Rita Sobrado, e David Dopazo, membro da directiva da Asociación, visitaron esta mañá a sede da entidade onde se están a realizar as probas de selección das tapas e cócteis que participarán nos concursos Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co director da división ELT da Oxford University Press España
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse con Chris Wyburd, director da división English Language Teaching (ELT) da editorial Oxford University Press España. . O encontro tivo lugar na Alcaldía, onde charlaron sobre o Oxford Test of English, o examen de nivel de inglés certificado pola Universidade de Oxford.
EMPREGO
Talentia Summit ’19 congregou a máis de 5000 persoas ao redor do talento e o emprego en Santiago
Santiago de Compostela converteuse na capital do talento durante estes días acollendo o cume Talentia Summit ‘19, que tivo lugar desde este luns 21, ata o día de hoxe. Unha cita anual que este ano acodou cifras altamente positivas, mobilizando a máis de 5.000 persoas de toda Galicia e involucrando directamente ao tecido produtivo e económico máis importante da cidade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausurou hoxe o evento nun acto institucional no que tamén participou a concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, e...
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido onte en Denia, Alacante.