ALCALDÍA
Compostela e Tanabe reforzan a difusión conxunta do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo
O alcalde de Santiago recibiu hoxe a unha delegación da localidade xaponesa de Tanabe, encabezada polo seu alcalde, Mitsutoshi Manago. Os dous comprometéronse a reforzar a colaboración institucional, de cara á promoción conxunta do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Dende febreiro de 2015, os/as peregrinos/as que percorren os dous itinerarios reciben o chamado Pasaporte Dual, que xa conseguiron case 1.500 persoas.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto cumpre quince anos conxugando celebracións e vangarda
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine cumpre este 2018 quince anos, e faino mantendo o seu espírito explorador sen esquecerse das ben merecidas celebracións. Deste xeito, mantense a procura de novas formas e linguaxes cinematográficas no cinema mundial ao tempo que a programación inclúe seccións que xuntan o espírito vangardista co festivo e enfatizan o vínculo do festival coa cidade.
MOBILIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago celebra o Día da Accesibilidade cun roteiro en cadeira de rodas
Por terceiro ano consecutivo celebrouse en Santiago o Día da Accesibilidade, no marco das actividades da Semana Europea da Mobilidade. Levouse a cabo unha actividade chamada "Ponte no meu lugar", un roteiro en cadeira de rodas organizado por Cogami e o Concello de Santiago para amosar as dificultades coas que se atopan a diario as persoas con mobilidade reducida.