MEDIO AMBIENTE
A compactadora do Franco recolleu máis de 180 toneladas de lixo no que levamos de ano
A compactadora de lixo instalada en Fonseca para darlle servizo fundamentalmente ao sector hostaleiro do Franco e da Raíña recolleu máis de 180 toneladas de lixo entre xaneiro e agosto. Son 30 toneladas máis que no mesmo período do ano anterior.
DEPORTE
O campo das Cancelas acolle este sábado o I Torneo Internacional Feminino de Fútbol Gaélico
A edila de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o I Torneo Internacional Feminino de Fútbol Gaélico, que se celebrará este sábado a partir das 15:30 horas no campo municipal das Cancelas. Na rolda estivo acompañada polo presidente do Estrela Vermelha, Brais Prieto, e polas xogadoras Ánxela Estévez e Uxía Castro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Gaia dos Nenos acolleu este xoves o terceiro Batido Sinérxico da Economía Social
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acudiu esta mañá ao terceiro dos batidos sinérxicos, o "Batido Morado! Un esencial para coidarnos e cooperativizar os coidados", que se celebrou na sede da cooperativa Gaia dos Nenos, situada en Santiago de Guayaquil, 6.
ALCALDÍA
O Goberno local celebra este venres un novo encontro "Ao vivo"
O Goberno local participará este venres 14 de setembro nun novo encontro "Ao vivo", desta vez no Centro Cívico Vista Alegre-Romaño, dirixido á veciñanza destes barrios. Á xuntanza asistirán o alcalde, Martiño Noriega, e todos os concelleiros e concelleiras do Goberno.
ACCIÓN CULTURAL
Cita coa terceira edición do Rock Is Dead Fest este sábado no parque de Belvís
Este sábado, 15 de setembro, celebrarase a terceira edición da romaría rock Rock Is Dead Fest. No parque de Belvís, ás 12:30 horas, arrincarán máis de 12 horas de música en directo con bandas e artistas galegos; todo isto aderezado con actividades infantís, talleres deportivos e literarios, mercadiño e por polvo e churrasco. A entrada ao festival é de balde.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres un concerto gratuíto ao aire libre no barrio de Fontiñas
A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG iniciou este pasado mércores un ciclo de concertos gratuítos, na súa maioría ao aire libre, en barrios emblemáticos da cidade, todos eles baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.