FACENDA
Ábrese o prazo para presentar propostas aos orzamentos participativos Compostela Decide
Dende este mércores e ata o 30 de xuño, calquera persoa con 16 anos cumpridos pode facer propostas de investimentos e de actividades aos orzamentos participativos Compostela Decide. Hai dous xeitos de facelo: a través da web decide.santiagodecompostela.gal, ou ben acudindo ás asembleas presenciais que se celebran durante esta semana e a que vén en Santiago de Compostela.
SAÚDE
Máis da metade dos adolescentes de Compostela consumiron alcohol no último ano
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá o estudo elaborado polo Concello e a USC sobre o consumo de alcohol e drogas e do uso problemático de internet entre os adolescentes de Compostela. Na rolda estivo acompañada do investigador da USC e responsable do mesmo, Antonio Rial, e do técnico da UMAD Jorge Carballido.
ALCALDÍA
Asinado o protocolo de colaboración para o desenvolvemento da Vía Verde Santiago-Cerceda
O alcalde presidiu hoxe o acto de sinatura do protocolo para o desenvolvemento da Vía Verde entre Santiago e Cerceda. O acordo foi asinado por Martiño Noriega e polos rexedores de Oroso, Manuel Mirás; Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo; Tordoia, Antonio Pereira Liñares; e Cerceda, José García Liñares.
ALCALDÍA
O Concello reitera o compromiso de colaboración co Colexio de Educadores Sociais de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse coa presidenta do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, Mónica Serrano, e cunha das súas vogais, Natalia Domínguez.
ACCIÓN CULTURAL
Novas presentacións de libros e un obradoiro de regueifa para crianzas, na axenda do xoves da SELIC
A I Semana do Libro de Compostela, SELIC, chega este xoves á súa sétima xornada, na que de novo haberá un amplo calendario de actividades na carpa da Quintana e noutros espazos. Haberá presentacións, obradoiros, coloquios, sinaturas de libros e unha visita guiada.
ACCIÓN CULTURAL
Teatro do Morcego presenta "Nosa señora das nubes"
O Teatro Principal acolle este xoves e venres, ás 20:30 horas, dúas funcións de Teatro do Morcego, que presentan o texto Nosa señora das nubes, de Arístides Vargas. As entradas están á venda no despacho de billetes do Teatro e en entradas.abanca.com.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Exposición pública da listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2017/18
Finalizado o período de preinscrición para novo alumnado, publícase a listaxe provisional de admitidos na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 17 de marzo de 2017.
ALCALDÍA
Día de Ferrol na SELIC
Este mércores celebrouse o Día de Ferrol na Semana do Libro de Compostela, SELIC, cunha actividade na que participaron os alcaldes das dúas cidades e que arrancou na carpa da praza da Quintana. Alí interviron Martiño Noriega e Jorge Suárez, que visitaron o expositor do Concello de Ferrol.