XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os estudos de detalle das ARIS de Vite e de Pontepedriña
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, de maneira inicial, catro dos cinco estudos de detalle da Área de Rehabilitación Integral de Vite, así como o estudo de detalle da ARI de Pontepedriña. Trátase dos documentos que establecen os criterios de intervención para a instalación de ascensores, así como para outras actuacións que busquen mellorar tanto as condicións de accesibilidade dos edificios como a eficiencia enerxética. Os estudos de detalle serán sometidos a exposición pública polo prazo dun mes,...
NADAL
Cándido Pazó, Pistacatro, andaina polos museos, ruta polo parque de Belvís e o Apalpador, oferta de Nadal para este sábado
A fin de semana ofrece unha ampla e variada oferta de ocio dentro da programación de Nadal de Compostela. Contacontos, espectáculos de escapismo e clown, roteiros e o Apalpador compoñen a programación do sábado 23 de decembro.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle "Parafernalia", unha mostra retrospectiva da obra do escultor César Lombera
A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a licitación das obras de mellora da accesibilidade no campo de Santa Isabel
A Xunta de Goberno acordou este venres a apertura do procedemento de adxudicación das obras de mellora da accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel. Trátase dunha actuación orzada nalgo máis de 116.000 euros, e que terá un prazo de execución de dous meses.
INFORMÁTICA
Ábrese a licitación do proxecto da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, no que participa Santiago
A entidade pública Red.es, dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, vén de abrir o procedemento de licitación da Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable. Trátase dun proxecto no que participa Santiago, xunto cos concellos de Madrid, A Coruña e Zaragoza, e que foi un dos beneficiarios da II Convocatoria de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España.
FACENDA
Ratificados os orzamentos de Incolsa, Tussa e Auditorio de Galicia para o vindeiro 2018
Os consellos de administración dos organismos autónomos dependentes do Concello deron luz verde ás contas para o ano 2018, despois de que o Consello Reitor do Auditorio aprobase hoxe, cos votos favorables de todos os grupos e a abstención do PP, o orzamento do Auditorio de Galicia.