CULTURA
Pisando Ovos presenta "Que volvan as flores" dentro do ciclo Danza 2015
A compañía coruñesa Pisando Ovos presenta Que volvan as flores dentro do ciclo de Danza 2015. Será este martes 14 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Creada e dirixida por Rut Balbís con Janet Novás como axudante de dirección, conta con iluminación de Alfonso Castro. As entradas teñen un prezo de 6 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a importancia da educación viaria e das boas prácticas na condución
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de presentación do Plan para a Mocidade de Seguridade Viaria en Santiago de Compostela, organizado pola USC e Michelin. Con tal motivo, instalouse un parque con diversos simuladores co obxectivo de concienciar á poboación universitaria sobre as medidas de seguridade na conducción.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Comeza a reurbanización da rúa Carretas
Este martes 14 de abril arrancan as obras de reurbanización da rúa Carretas, actuación que busca dar resposta a unha vella demanda veciñal encamiñada á peonalización da rúa, permitindo só o acceso a residentes, mercadorías e servizos públicos. A obra adxudicouse por un importe de 622.482 euros e un prazo de execución de cinco meses.