DEPORTES
Santiago colabora cun proxecto solidario en Etiopía a través dunha carreira In Real Time o 30 de marzo
A proba, que se celebrará no entorno de San Lázaro, Monte do Gozo e Aríns, realizarase simultáneamente en cinco localidades españolas, así como en Walmara, Etiopía.
ALCALDÍA
O Concello acomete a mellora e ampliación da drenaxe da rúa dos Pelamios para evitar inundacións
A rúa dos Pelamios vén sufrindo dende hai xa máis de 50 anos inundacións de importancia debidas a varios factores. O Concello puxo fin a estes problemas realizando unha mellora e ampliación do drenaxe, obra que visitou o alcalde compostelán, Ángel Currás.
ALCALDÍA
O Liceo Europeo das Artes traballa para convertir unha canción do ano 1971 no Himno do Camiño de Santiago
Os integrates da asociación cultural do Liceo Europeo de Ferrol solicitaron unha entrevista co alcalde compostelán, Ángel Currás, para comunicarlle a súa inteción de recuperar a cantiga do Camiño Estelar, escrita no ano 1971, como Himno oficial do Camiño de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O xoves 20 ábrese o prazo para a inscribrirse na viaxe a Cantabria dentro do programa Imos de excursión
Este xoves 20 de marzo a partir das 17 horas comeza o prazo para inscribirse na viaxe a Cantabria incluída no programa municipal "Imos de excursión" para as datas do 17, 18, 19 e 20 de abril.
ALCALDÍA
O alcalde visita as obras de saneamento e abastecemento do lugar de Sabugueira
Ángel Currás desrazouse a Lavacolla, á parroquia de Sabugueira, para comprobar cos veciños o resultado das obras de saneamento e abastecemento que se levaron a cabo na zona.