CENTROS SOCIOCULTURAIS
Debido ao mal tempo destes últimos meses repararanse diferentes centros socioculturais cun investimento de máis de 32.000 euros
Despois de varios meses de mal tempo e ante o inicio dunha melloría climatolóxica, a Concellería de Centros Socioculturais decide iniciar as obras de reparación e mantemento naqueles centros e locais socioculturais que sufriron problemas de filtracións de auga e humidades pola intensa e continua chuvia.
COMERCIO
O Concello convoca os premios do comercio compostelán 2014
Por terceira ocasión, a figura conmemorativa seleccionarase nun concurso dirixido aos artesáns composteláns adheridos á marca Artesanía de Galicia. Mantense a temática arredor do cine "Santiago ten un comercio de cine", para a promoción do concurso, cun gran éxito no 2013. Así como a web www.santiagocomerciodecine.com.
TURISMO
Turismo colabora cos premios Mágnum do viño galego, que se entregarán no Gaiás o 18 de marzo
Os galardóns recoñecen o traballo dos mellores do universo vitivinícola galego a través de seis categorías: mellor viño, mellor viño revelación, mellor bodega, mellor labor de divulgación, mellor sumiller e un premio honorífico. A IV gala de entrega dos premios promovidos polo Instituto Galego do Viño reunirá na Cidade da Cultura a 200 profesionais do sector. Á rolda de prensa de presentación asistiu a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
EXPOSICIÓN
A concelleira Rebeca Domínguez inaugurou unha exposición sobre arte contemporáneo
A mostra realizárona os estudandes do bacharelato artístico do IES de Sar.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta polo mercado alemán
A empresa municipal de promoción turística desenvolverá un amplo programa de accións promocionais dirixidas ao público xermano.
Alemaña é o país con maior número de peregrinos, con máis de 15.000 ao ano, e é o segundo en número de pernoctacións tras Italia, con 50.000.