PLENO
A Corporación aproba un orzamento marcado polo seu carácter dinamizador, a rebaixa fiscal e a baixada da débeda
A Corporación municipal, nun pleno extraordinario, aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2014, que prevé ingresos e gastos polo mesmo importe: 100.941.779 euros. Trátase pois dunhas contas equilibradas que apostan por seis eixes de actuación: apoio á promoción e á dinamización; políticas de carácter inversor; fomento do emprego; sostibilidade do gasto social, dos servizos públicos e da calidade de vida; mellora da eficiencia da Administración e política fiscal equitativa. As contas foron...
TURISMO
Turismo de Santiago continuará promocionando as conexións aéreas internacionais de Lavacolla neste 2014
Turismo de Santiago definiu a súa axenda de reunións na pasada edición de Fitur en función das conexións aéreas coas que contará a cidade nesta temporada de verán, que será a de maior conectividade internacional da historia do aeroporto, con trece conexións xa confirmadas: Bruxelas, Roma, Londres Stansted e Londres Gatwick, Estambul, París, Dublín, Frankfurt, Milán, Xenebra, Basilea, Zurich e Caracas. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, fixo balance en rolda de prensa destas xuntanzas na feira...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do curso "Habilidades básicas para o coidado de persoas maiores no fogar"
A Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coa Cruz Vermella de Santiago, programa un novo curso dirixido á mellorar as habilidades dos coidadores de persoas maiores no fogar. Nesta ocasión, o curso conta tamén coa colaboración da Concellería de Benestar Social.
ALCALDÍA
Pedro Feijoo, Arturo Pérez-Reverte e Petros Márkaris recibiron o Premio San Clemente
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de entrega do Premio San Clemente na súa XIX edición. Pedro Feijoo, Arturo Pérez-Reverte e Petros Márkaris foron os galardoados nesta ocasión.
CULTURA
A OSGA, a Banda Municipal, Depedro, Víctor Aneiros, Kepa Junquera, Eondry e Vicky Polard, propostas musicais da semana
Varias propostas musicais de diferentes estilos e enmarcadas en cinco ciclos para esta semana: Depedro no Íntimo & Acústico; a Orquestra Sinfónica de Galicia no Programa de Abono do Auditorio de Galicia; Víctor Aneiros & Julie Guravich no Blues Nite; Eondry e Vicky Polard dentro do Compostela Rock; e Kepa Junquera en Sons’14. Ademais, o habitual concerto da Banda Municipal de Música no Teatro Principal.
CULTURA
Abrapalabra presenta "As do peixe", de Cándido Pazó, dentro do ciclo Teatro&Danza
Dentro do ciclo Teatro & Danza chega esta semana á nosa programación As do peixe, unha obra orixinal de Cándido Pazó que leva aos escenarios a compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. Será este venres, 31 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado", de Daniel Candal, nova exposición fotográfica no CSXM do Ensanche
Inaugurouse a exposición Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado, de Daniel Candal. A mostra permanecerá no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche ata o 8 de febreiro.