XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude convoca un certame para impulsar e canalizar a creatividade dos novos cantautores
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presentou o I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, convocado polo Concello xunto coa Sala Sónar. O obxectivo deste concurso é promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos novos cantautores. Enmárcase na quinta edición do certame SantiAutor.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes no programa de emprego de Cáritas Interparroquial de Santiago
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á entrega de diplomas do Programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Interparroquial de Santiago, no que participaron 165 persoas de colectivos de difícil inserción.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollen a exposición "Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965"
A Concellería de Centros Socioculturais acollerá dende o 17 de xaneiro ata setembro de 2014 a exposición fotográfica Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965, producida polo Ateneo de Santiago. A mostra foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, acompañado por Manuel López Ribadulla, vicepresidente do Ateneo de Santiago, e Xosé Ramón Pousa, coordinador de actividades da asociación.
CONSORCIO
Músicos da Real Filharmonía e 53 alumnos do Conservatorio de Santiago celebran dous concertos didácticos para colexios
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de concertos conxuntos entre músicos da orquestra e alumnos novos do Conservatorio, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Este venres darán dous recitais didácticos para estudantes de primaria e secundaria, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, ofrecerán...
SEGURIDADE CIDADÁ
Expertos suecos en emerxencias estudan o dispositivo posto en marcha con motivo do accidente ferroviario do 24 de xullo
Unha delegación sueca da Universidade de Umea estivo no Concello para coñecer os detalles do operativo especial que se planificou como consecuencia do accidente de tren Alvia o pasado 24 de xullo. A representación municipal na reunión estivo composta por efectivos da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil.
BENESTAR SOCIAL
Santiago acollerá as actividades do Día Mundial da Parálise Cerebral
Santiago de Compostela será a sede das actividades do Día Mundial da Parálise Cerebral no mes de outubro, que reunirá na cidade a representantes de asociacións de atención a persoas con parálise cerebral de toda España e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así se acordou na reunión mantida entre o alcalde compostelán, Ángel Currás e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, con Eulogio López, presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral, e Ana...