INFRAESTRUTURAS
Fomento licita a obra de transformación da intersección de Conxo nun paso inferior
O Ministerio de Fomento licitou, mediante a publicación de anuncio no BOE deste venres, o contrato de obra para transformar a intersección de Conxo, no periférico de Santiago de Compostela (SC-20), nun paso inferior. Para iso realizarase a depresión da calzada da estrada SC-20, construirase sobre ela unha glorieta a distinto nivel e reordenaranse os accesos e a circulación peonil do ámbito. O presuposto de licitación do contrato ascende a 7,15 millóns de euros e o prazo de execución a 12 meses.
ALCALDÍA
Disposición municipal a colaborar coa Cátedra de Traballo Autónomo e con outras accións de fomento do emprendemento
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co secretario xeral da Asociación de Autónomos de Galicia, Lisardo Domínguez, e á directora do seu departamento xurídico, María Jesús González.
CULTURA
O ciclo Íntimo & Acústico amosa a faciana máis persoal de cinco singulares artistas
José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia, presentou un avance dos concertos de Íntimo & Acústico ata o mes de abril. A cantautora asturiana Paula Rojo inaugura o sábado 11 de xaneiro, no Salón Teatro, a edición 2014 deste ciclo, que no primeiro trimestre traerá a Santiago a música de Cass McCombs, Depedro, Jabier Muguruza e Los Secretos, todos eles con concertos únicos en Galicia.
TURISMO
Concello, Renfe e Hostalería colaborarán en accións de promoción turística de Santiago e de fomento das viaxes en tren á cidade
Celebrouse en Raxoi o acto de sinatura do convenio de colaboración entre Turismo de Santiago, Renfe e a Asociación Provincial de Hostalería e Hospedaxe, co obxecto de realizar accións de marketing e comercialización para potenciar o posicionamento de Santiago como destino turístico e fomentar as viaxes en tren á cidade dende os principais mercados turísticos. Asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo, Reyes Leis; os presidentes de Hostalería,...
MERCADOS
Visita do alcalde e da ministra de Fomento ás obras do Mercado de Abastos
A ministra de Fomento, Ana Pastor, e o alcalde compostelán, Ángel Currás, visitaron ás obras de remodelación do Mercado de Abastos, unha actuación que executa o Ministerio de Fomento con cargo aos fondos do Programa de Rehabilitación Arquitectónica.