NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolleu a final do Club de Debate
Celebrouse na Sala Mozart do Auditorio de Galicia a final do Club de Debate, gañada finalmente ex aequo polo IES Saturnino Montojo, de Ferrol, e polo CPI dos Dices de Rois. Os seus alumnos, xunto cos do terceiro clasificado, o IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, compartirán o premio, unha viaxe a Taramundi. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asisistiron ao inicio dos debates.
DEPORTES
Os afeccionados ao sendeirismo déronse cita na IX Andaina dos 50 Km de Santiago
Partiu da praza do Obradoiro a IX edición da Andaina dos 50 Km de Santiago de Compostela, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sumouse a esta cita co sendeirismo.
ALCALDÍA
José Baselga recibe o II Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á gala de entrega do II Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal ao doutor José Baselga. O acto celebrouse na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos e estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.