EDUCACIÓN
Remata o XVIII Certame de Teatro Intercentros coa entrega dos premios aos gañadores de primaria
O Teatro Principal acolleu o acto de entrega dos galardóns do XVIII Certame de Teatro Intercentros correspondente aos alumnos de primaria, ademais da representación da obra gañadora: "Non sen o meu teléfono móbil", do grupo A aula do fondo do CEIP Lamas de Abade.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Santiago participa nun proxecto europeo de eficiencia enerxética
A concelleira de Urbanismo e Desenvolvemento Sostible, María Pardo, e o diretor da Área de Urbanismo, José Oreiro, presentaron os dous proxectos europeos nos que participa Santiago e que teñen como obxectivo a busca dunha mobilidade sostible e da maior eficiencia enerxética.
Os centros socioculturais animan a participar nun vídeo sobre os cines de Compostela
Os centros socioculturais buscan persoas interesadas en participar na gravación dun vídeo no que se recollerán todas as testemuñas da historia da cidade en torno a esta temática contadas polos seus protagonistas.
SANIDADE
Santiago de Compostela será a capital europea da biotecnoloxía en 2014
A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, organizarán a sétima edición de BioSpain, que terá lugar entre o 24 e o 26 de setembro de 2014 en Santiago de Compostela
EDUCACIÓN E SEGURIDADE
A campaña "Race for Safety Road" comeza en Santiago a súa andadura nacional promovendo a educación viaria nos condutores do futuro
A concelleira de Educación, María Castelao, o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luís García Bello, o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia e o coordinador nacional de Educación Vial, Juan Antonio Sánchez Trillo, presentaron no paseo central da Alameda este programa que tratará de ensinarlles aos rapaces como identificar os riscos e os perigos presentes na vía.
CULTURA
O luns 3 de xuño preséntanse no CGAC as Xornadas de Música Contemporánea 2013
No ano 2012 renacen en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación escoitou as demandas do colexio López Navalón
A edila de Educación, María Castelao, visitou o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón para escoitar de primeira man as súas necesidades e demandas e ver in situ o traballo dos seus profesionais. Acompañouna o delegado territorial da Consellería, Indalecio Cabana.
CULTURA
O Teatro Principal acolle dúas obras de Sarabela Teatro dentro do ciclo Teatro&Danza
Esta semana poderase desfrutar de "Viaxe a ningunha parte", unha adaptación dunha obra de Fernando Fernán Gómez o mércores 29 e xoves 30 maio e o domingo 2 de xuño de ‘El Amor de Eloy’ con dramaturxia de Ernesto Caballero
O xoves 13 de xuño o Principal acolle "Rosalía os Cantares das musas" a prosa e a poesía de Rosalía de Castro levada ao teatro