NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística promove cun novo concurso o uso do galego na publicidade comercial
O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...
DEPORTES
Todo listo para o decisivo partido entre as seleccións de rugby de España e Portugal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a recepción con motivo do partido internacional de rugby correspondente ao Seis Nacións B que enfrontará ás seleccións de rugby de España e Portugal o sábado 16, ás 18:00 horas, no estadio de San Lázaro.
CULTURA
Luar na Lubre estrea en Santiago novo espectáculo, un percorrido polos seus máis de 25 anos de traxectoria
O director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou presentou "Sons da lubre nas noites de luar", o novo espectáculo de Luar na Lubre, que se presenta en Santiago no marco do ciclo Íntimo & Acústico. Na rolda estiveron tamén Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfoña), Paula Rey (voz) e outros integrantes do grupo. O concerto terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
A Comisión Executiva das Cidades Patrimonio españolas aprobou un orzamento de 1,6 millóns de euros para 2013
Santiago de Compostela recibe esta fin de semana aos alcaldes do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que entre hoxe e mañá celebran na capital galega a súa Comisión Executiva e a Asemblea para definir os proxectos comúns que desenvolverán ao longo do 2013.