SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local entrega este sábado as súas medallas e galóns con motivo do seu patrón
Con motivo da celebración do Patrón da Policía Local, o Santo Anxo da Garda, o Concello fará entrega das medallas do Corpo e dos galóns de mérito a oito profesionais este sábado 2 de marzo. A proposta será aprobada previamente polo Pleno da Corporación.
REHABILITACIÓN
Santiago acolle unhas xornadas sobre a aplicación das novas tecnoloxías á divulgación da arqueoloxía
A sede do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Hospital de San Roque acollerá os días 13, 14 e 15 de marzo as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación. A asistencia é gratuíta previa inscrición.
CULTURA
"O home almofada", unha obra trepidante e malvadamente cómica no Teatro Principal
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou, acompañado das actrices Melania Cruz e Laura Míguez, as representacións de O home almofada por Il Maquinario Teatro, un espectáculo teatral de gran intensidade, con dramaturxia e dirección de Tito Asorey. As representacións terán lugar no Teatro Principal os días 27 e 28 de febreiro, dentro do Ciclo Teatro & Danza, ás 21:00 horas. Haberá tamén unha función didáctica o 28 de febreiro, ás 11:00 horas.
EMPREGO
Entrega de diplomas dos dez cursos de comercio realizados pola Axencia Local de Colocación e a Cámara de Comercio
A Cámara de Comercio de Santiago acolleu a entrega de diplomas dos cursos de comercio exterior realizados pola Cámara de Comercio en colaboración coa Axencia Local de Colocación.