XUVENTUDE
Unha mostra fotográfica narra a peregrinación 6MPasos de Andrés Fraga e Juan Rivas "Coru"
As imaxes retratan unha viaxe a pé por Europa durante sete meses, percorrendo 6.000 kilómetros por once países diferentes. A exposición, que foi inaugurada polo alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Xuventude en funcións, Xosé Baqueiro, poderase ver ata o 25 de xuño na Galería Sargadelos de Santiago
CONSORCIO
O Consorcio e o Cabildo organizan un ciclo de conferencias e unha exposición divulgativa sobre o Plan Director da Catedral
O 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que se conmemora este ano 2011, vai servir para poñer en valor o Plan Director da Catedral, o documento oficial que establece as pautas, condicións, custos e a programación das actuacións necesarias para a súa rehabilitación, e que, deste xeito, botará a andar de maneira definitiva.
MEDIO AMBIENTE
Os tesouros naturais das 13 cidades patrimonio, ao descuberto nunha mostra con cen fotografías no Museo do Pobo Galego
A concelleira de Medio Ambiente en funcións, Elvira Cienfuegos, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, inauguran esta tarde a mostra que permanecerá aberta ata o 26 de xuño. Esta exposición itinerante, organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, descobre os valores ambientais menos coñecidos dos trece históricos enclaves.
MEDIO AMBIENTE
Continúa aberto o prazo de inscrición para o campamento urbano ‘Viaxandoando polo mundo’ ata o 18 de xuño
O prazo estará aberto ata o 18 de xuño ou ata cubrir as prazas e a preinscrición pode facerse na rede de CSC en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h. O campamento desenvolverase no mes de xullo en horario de 7.45 a 15.15h nos CSC das Fontiñas, Vite e Conxo aínda que algunhas actividades celebraranse en diferentes parques da cidade. O prezo é de 25 euros cada semana e 100 euros se se colle o mes completo e cóntase con 30 bolsas coa bonificación do 25%.