EDUCACIÓN
Os nenos e nenas das escolas infantís descobren os instrumentos musicais
A Escola Municipal de Música celebrou unha xornada de portas abertas dirixida especialmente aos nenos e nenas e ás familias das escolas infantís de Conxo, San Roque, Tambre, Tras Parlamento e Fontiñas.
CIRCULACIÓN VIARIA
O 22 de xuño abrirase o prazo de solicitude de tarxetas de estacionamento para residentes nos barrios de Sar e San Lourenzo
A concelleira de Circulación Viaria en funcións, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que do 22 e xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar tarxetas de estacionamento para residentes nos barrios de Sar e San Lourenzo. Estas dúas áreas sumarán outras 260 prazas de residentes ás xa existentes.
ALCALDÍA
Xosé A. Sánchez Bugallo segue a súa rolda de despedidas institucionais con Ramón Villares
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, na sede deste organismo.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Un recital poético na Casa das Asociacións dá voz ás "Expulsadas do Parnaso"
Andrea Nunes Brións e Raquel Rei (As Candongas do Quirombo), Ania González, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Ledicia Costas Álvarez, Olalla Cociña xunto a Dores Tembrás e Teófila Noemí Ruiz son as poetas que participarán no recital que leva por título Expulsadas do Parnaso. O acto enmárcase nas xornadas Que ves cando me ves?, que buscan visibilizar e dar voz á muller na produción cultural galega, e promover a reflexión crítica da cidadanía.