PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acollerá un baile de Entroido o sábado 5 de marzo
A Concellería de Participación Cidadá tamén quere celebrar o Entroido con todos os veciños e veciñas de Compostela. Con este fin, a Casa das Asociacións acollerá o sábado 5 de marzo un baile de Entroido. Celebrarase a partir das 18:00 horas e estará amenizado polo grupo musical Luzada.
CIDADE HISTÓRICA
"Compostela 2021. A cidade intuída" presenta as súas propostas aos veciños
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou o programa das sesións abertas do congreso Compostela 2021. A cidade intuída, que se celebrará este martes, mércores e xoves no Teatro Principal dende as 17:30 horas. Durante a presentación deste programa, a edil estivo acompañada por Javier Fernández, xefe de servizo da OCHiR e un dos coordinadores do congreso.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela, no centro da cooperación transfronteiriza e do desenvolvemento urbano sostible
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a sede da Conferencia de Redes de Cidades Europea Transfronteirizas (CECICN) e da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Eixoecoloxía), situada na praza de Camilo Díaz Baliño, fronte á estación de Autobuses.
URBANISMO
Emuvissa aproba a continuidade dos procesos de licitación nos polígonos industriais de Costa Vella e Formarís
O Consello de Administración de Emuvissa celebrado acordou a continuación do procedemento de adxudicación do SUNP-37.3 de Costa Vella, non afectado polo recurso, e o rexeitamento do mesmo presentado contra o prego de licitación e proxecto de construción do enlace da N-550 cos ámbitos industriais de Costa Vella e Formarís, continuando o procedemento de licitación.
CULTURA
Curtocircuíto bate a súa marca de inscricións
A edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, deste ano 2011, a oitava, conseguiu a súa mellor marca de inscricións. O festival, que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, rexistrou máis de 3.000 inscricións, polo que os datos veñen a consolidalo como un dos máis importantes festivais de curtametraxes con repercusión xa no ámbito internacional.