XUNTA DE GOBERNO
O Concello impón varias penalizacións por retrasos nas obras
A Xunta de Goberno acordou impoñer tres penalizacións por retrasos en varias obras imputables ás empresas adxudicatarias das mesmas. As obras afectadas son as da rúa Campo das Hortas, rúa da Trindade e calzada de San Pedro. En total, as penalizacións suman un total de 38.362 euros.
URBANISMO
A modificación do Plan Parcial do Polígono Industrial do Tambre dará resposta ás actuais necesidades desta área
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou en rolda de prensa a modificación do Plan Parcial do Polígono Industrial do Tambre, aprobada en Xunta de Goberno. O cambio ten como obxectivo a adaptación da normativa urbanística ás novas esixencias das actividades económicas e produtivas.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Entrega de diplomas aos participantes no curso Aulas no Camiño
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, recibiron no Salón Nobre os participantes nas Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Os alumnos e alumnas recibiron tamén os seus diplomas.
URBANA SANTIAGO NORTE
Os axentes veciñais e sociais coñeceron polo miúdo os proxectos do Urbana Santiago Norte a iniciar en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a asemblea ordinaria do Órgano de Participación Cidadá do Proxecto Urbana Santiago Norte, celebrada na propia sede do proxecto na Almáciga. Os axentes veciñais e sociais dos barrios afectados puideron coñecer polo miúdo os principais proxectos aprobados e cuxa execución se iniciará ao longo do exercicio 2010.