ALCALDÍA
O alcalde salienta o interese dos arcebispos de Santiago e Pisa na consecución do irmandamento entre as dúas cidades
As cidades de Pisa e Santiago de Compostela ratificaron o seu pacto de irmandamento nun acto celebrado no salón vermello do Pazo de Raxoi. O programa iniciouse coa sinatura no libro de honra do Concello por parte do alcalde de Pisa, Marco Pilippeschi, quen recoñeceu no seu escrito os lazos históricos que unen as dúas cidades e o compromiso de colaboración que o pacto establece.
ALCALDÍA
O vicepresidente do Parlamento Europeo compromete a presenza dos Camiños de Santiago no futuro Museo de Europa
Nas xornadas do programa Santiago-Une, inaugurada baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o vicepresidente do Parlamento Europeo, Miguel Ángel Martínez, anunciou a creación do Museo de Europa, que se denominará Casa da Historia Europea, e comprometeu a presenza dos Camiños de Santiago como eixes históricos vertebradores da idea moderna de Europa. "Os camiños e a cidade de Santiago de Compostela –dixo- terán un espacio propio neste proxecto, que vai amosar todo aquilo que representa na historia...