XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a sinalización do sendeiro autoguiado polos parques
Entre os asuntos aprobados na Xunta de Goberno do martes 4 de maio figura a adxudicación provisional da sinalización do sendeiro autoguiado polos parques de Compostela. Tamén se aprobou a denominación para novas rúas e as listas provisionais das escolas municipais de Conxo e Fontiñas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
MUSOL abre delegación en Santiago e presenta unha exposición sobre a realidade de Guatemala na Casa das Asociacións
A ONG Municipios pola Solidariedade (MUSOL), abre delegación en Galicia, cunha sede en Santiago. Por este motivo, e para darse a coñecer, a organización presenta a exposición Guatemala, o sur tamén conta na Casa das Asociacións. A mostra estará aberta ata o 16 de maio.
URBANISMO
Emuvissa saca a concurso nove parcelas por un importe superior a seis millóns de euros
O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi informado da saída no DOG, a vindeira semana, do concurso para alleamento de parcelas conforme ao novo prego de bases aprobado no Consello de 29 de marzo na procura de facilitar as adquisicións de solo para vivenda protexida en tempos difíciles.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O medallista olímpico Juan Manuel López Iturriaga impartirá en Santiago a conferencia "Un equipo de ouro"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o presidente de AJE Marineda (Asociación de Xóvenes Empresarios de A Coruña), Daniel Ramos; e o director de Simplemente Avanza e socio delegado de Adalidad Inmark, Ramón Diéguez Rodríguez; presentaron a conferencia Un equipo de ouro, que impartirá Juan Manuel López Iturriaga, presentador de televisión e xogador de baloncesto nas décadas dos setenta e oitenta.
EMPREGO
O Equipo de Obras e Emprego Urbana traballará na restauración das marxes do Sarela e reparará beirarrúas na zona norte
Presentouse o Equipo de Obras e Emprego Urbana Santiago Norte. No acto, presidido polo concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, estaban presentes 29 das 45 persoas que participarán no programa, a través do que se executarán obras de reparación e mantemento en beirarrúas en todos os barrios da zona Urbana Santiago Norte, e labores de limpeza e restauración do río Sarela ao seu paso entre o Romaño e Galeras.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse en Raxoi co Comité Executivo da CEOE
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co Comité Executivo da CEOE (Confederación Española de Organizaciones Empresariales).
CULTURA
Candela Peña e Tamar Novas formarán parte do xurado de Curtocircuíto
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela xa ten xurado para a súa Semana Oficial, do 23 ao 30 de Maio. Durante eses días, o festival outorgará os seus habituais premios ás curtas participantes na Sección Oficial.
CULTURA
O certame "Revelando Voces" ofrece 13 concertos de grupos composteláns
Jazz, folk, bravú, canción de autor ou pop son algúns dos xéneros nos que se enmarcan as propostas dos sete grupos e artistas que van participar na cuarta edición do programa Revelando voces, unha iniciativa da Concellería de Cultura e Centros Socioculturais para potenciar os grupos e músicos novos da cidade.