COMERCIO
Entregadas as bandas aos comercios gañadores da edición de primavera do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na edición de primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: a tenda de moda Spiral, o establecemento de artesanía africana Mama Egue e a Castelcán, especializado en produtos de veterinaria. Xosé Manuel Iglesias tamén entregou unha figura de Sargadelos a Mama Egue, gañador do Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009, na categoría de Autoemprego.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
O II Concurso de Balcóns promove a recuperación da viveza destes elementos na Cidade Histórica
Ponse en marcha a segunda edición do Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago Flores na Cidade. Do 1 ao 4 de xuño, os interesados en participar poden recoller de balde as súas plantas no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, en horario de 12:00 a 14:00 horas.