EDUCACIÓN
Representación da obra gañadora do XV Certame de Teatro Intercentros
O Certame de Teatro Intercentros segue procurando incorporar o feito teatral ao contorno sociocultural do escolar e da mocidade, e crear novos espectadores. Para pechar a edición de 2010, representouse no Teatro Principal a obra gañadora: O espello da alma, do grupo Rosalía 2 do IES Rosalía de Castro.
EDUCACIÓN
O Obradoiro, convertido en centro de operacións matemáticas
Os soportais do pazo de Raxoi acolleron o Concurso de Enxeño e Entretemento Matemático, organizado pola Concellería de Educación e a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA). Uns 120 escolares de 14 centros participaron neste xogo, con motivo do Día Escolar das Matemáticas. A continuación realizouse un paseo matemático pola cidade.
ALCALDÍA
Sindicalistas da construción percorren o Camiño en demanda da xubilación aos 60
Un grupo de 60 sindicalistas da Federación Estatal de Construción, Madeira e Afíns (FECOMA) percorreron 60 quilómetros do Camiño para reivindicar a xubilación aos 60 para os traballadores de obra da construción. Á súa chegada a Compostela foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coa presidenta da Asociación Sociocultural de Venezolanos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa presidenta da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago (Avesanti), Fanny Luna Villegas. Esta explicoulle as actividades que esta entidade desenvolve na cidade, para as cales solicitou a colaboración municipal. No encontro tamén participou a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A cidade ábrese ao debate sobre os temas que lle afectan a través de sete foros
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou os Foros de Participación Cidadá 2010. Trátase dunha iniciativa aberta a todos os cidadáns de Compostela que pretende reunir, escoitar e valorar as súas opinións respecto dos grandes temas que lles preocupan.
SERVIZOS
A concelleira de Servizos condena os actos vandálicos e pide responsabilidade aos traballadores do servizo de limpeza
A folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza, Urbaser, está a derivar nas últimas noites en diversos actos vandálicos, que foron condenados pola concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano. Esta pediu tamén aos traballadores "responsabilidade" respecto ás súas reivindicacións.
FESTAS
Efecto mariposa, Georgina e Sinestesia, cartel do "Santiago 40 Pop"
As Festas da Ascensión deste ano inclúen un festival de música gratuíto no Campus Sur, o Santiago 40 Pop, que se celebrará o xoves 13 ás 22:00 horas. Actuarán tres grupos: Sinestesia, Georgina e Efecto mariposa.
ALCALDÍA
A redución do 5% dos soldos dos funcionarios suporá un aforro de 1,6 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu ante os medios de comunicación para explicar as consecuencias que para o Concello terán as medidas de redución do gasto público anunciadas no Congreso dos Deputados polo presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. A obriga de reducir un 5% os salarios dos funcionarios públicos suporá, no caso do Concello, unha redución de 1,6 millóns de euros nos gastos de persoal.
FESTAS
"Rock N’ Micro" amosaralle aos cativos a historia da música do século XX
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o espectáculo Rock n’ Micro, que terá lugar na xornada do venres 14, ás 18:00 horas no Teatro Principal, e que será de balde. Trátase dunha proposta de teatro musical dirixida a toda a familia, dende os máis pequenos ata os máis maiores, onde se fai un percorrido pola historia dos estilos musicais do século XX.