EDUCACIÓN
Os gañadores segovianos do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio" visitan Santiago de Compostela
Nove alumnos do IES Andrés Laguna de Segovia están en Santiago para participar en diversas actividades didácticas. Estes escolares de 4º de ESO gañaron na súa cidade a IX edición do programa educativo Coñecer as Cidades Patrimonio.
XUVENTUDE
O Compostela Skate aspira a converterse nun referente para o noroeste peninsular
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades do certame Compostela Skate, que se celebrará ao longo de toda a xornada do sábado 15 de maio na pista de balonmán do Campus Sur e no Instituto Xelmírez I.
ALCALDÍA
Encontro co presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago, Cristóbal Ramírez, que lle explicou todas as actividades que a entidade ten previsto realizar neste Ano Santo, así como o labor de difusión que realiza de todo o relacionado cos Camiños.
ALCALDÍA
O paso inferior do Hórreo estará rematado na primavera de 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitaron as obras do paso inferior do Hórreo. A actuación marcha a bo ritmo e está previsto que o túnel poida estar rematado na primavera de 2011.
TURISMO
A cidade de Oslo acolle un paseo fotográfico polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa colaboración da Oficina Española de Turismo en Noruega, inaugurou unha exposición fotográfica que realiza un percorrido por cada unha das 13 cidades integrantes do Grupo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Xornada "Emprende en Compostela" contará cun espazo informático animado polo mago Victor Grande
A V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 18 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, contará cun espazo informático no que se mostrará, as persoas interesadas, a utilidade das redes sociais para as empresas e para as/os emprendedoras/es. Tanto este espazo web, como o triple espazo promocional para empresas (un espazo no que as empresas de Santiago poden publicitar os seus produtos e servizos de balde), contarán coa animación do mago e cómico Victor Grande.