ALCALDÍA
Campo de fútbol con herba artificial de última tecnoloxía para Villestro
Co obxecto de responder ás necesidades da parroquia de Villestro, onde se vén desenvolvendo unha intensa actividade futbolística dende hai anos, o Concello vai construír alí un novo campo de herba artificial que substituirá ao actual de area. O proxecto está incluído no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e conta cun orzamento de 800.000 euros. As obras iniciaranse en maio e estarán rematadas en decembro.
CULTURA
Femi Kuti e Sergi López, nomes propios da programación cultural de abril
A música e as artes escénicas volven ter un protagonismo especial na programación cultural do mes de abril. O ciclo Sons da Diversidade trae ao rei do afrobeat, o nixeriano Femi Kuti, e o ciclo Teatro e Danza en Xira presenta a Sergi López co monólogo Non solum. Ademais celebrarase o Día Internacional da Danza coa posta en escena de Sono silente, da compañía galega Bstudiodanza.
EDUCACIÓN
"La familia C" gaña o III Premio Compostela de Álbums Ilustrados
O traballo presentado polos barceloneses Mariona Casaba Cortés (ilustracións) e Pep Bruno Galán (texto), titulado La familia C. El tragasables y la mujer barbuda foi o gañador da III edición do Premio Compostela de Álbum Ilustrado, convocado pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora no marco da X Campaña de Animación á Lectura. Nesta terceira convocatoria do galardón participaron 519 traballos procedentes de 22 países
CONSORCIO
O naturalista David Attenborough, Premio Fonseca de divulgación científica
O naturalista e divulgador David Attenborough (Reino Unido, 1926), un dos pioneiros nos documentais de natureza, colle o relevo de Stephen Hawking e James Lovelock gañador do Premio Fonseca que convocan o Consorcio de Santiago e a USC ao amparo do Programa ConCiencia.
ALCALDÍA
A ministra de Cultura anima o alcalde a defender a cultura que Santiago ofrece aos cidadáns de todo o mundo
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, visitou o Concello, onde foi recibida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CONSORCIO
O Consorcio impulsa a conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, reunida o 30 de marzo, decidiu realizar un esforzo de impulso ao 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago, feito que se conmemorará o 21 de abril de 2011. A iniciativa foille explicada á ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde na súa visita ao Consorcio e ás obras do futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago.