NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Unha campaña anima ao alumnado a manter viva a lingua como falantes e como lectores
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago colabora na campaña de dinamización lingüística que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística en convenio con diferentes editoriais galegas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración con Cruz Vermella
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Rufino Constantino Pérez Outes a través do cal o Concello de Santiago apoia á Cruz Vermella no desenvolvemento de diversos programas e actividades.
EDUCACIÓN
A ludoteca itinerante Troularte achégase ao rural de Compostela
Co obxectivo de ampliar e diversificar a oferta lúdica destinada ao colectivo infantil do medio rural de Compostela, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a Ludoteca Itinerante Troularte.
IGUALDADE
O departamento de Igualdade presenta unha mostra fotográfica sobre a evolución das galegas no traballo
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou este mediodía en Raxoi unha exposición fotográfica sobre a evolución das mulleres galegas no ámbito laboral. O autor, o fotógrafo coruñés Xosé Abad, acompañou á concelleira na presentación.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo á elaboración do Plan de Mobilidade para Santiago
O Concello comeza así a pór en marcha a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e como paso inicial acorda a creación dun grupo de traballo encargado de elaborar o prego de condicións. A Xunta de Goberno, ademais desta decisión, tomou otras como a aprobación da memoria-programa de actuacións de rehabilitación e reurbanización do Casco Histórico, Vista Alegre e Ponpedriña ou a adxudicación das obras de reurbanización da avenida de Castelao. Tamén se deu o visto bo a un...
SERVIZOS BÁSICOS
O Concello premia un ano máis o bo uso do colector amarelo
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 13 de outubro, aprobou a campaña de comunicación e as bases para o concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks que organiza a concellería de Servizos Básicos, dirixida pola concelleira Marta Álvarez-Santullano. Os premios consistirán en bonos de fin de semana para dúas persoas nun baleneario ou hotel SPA de catro estrelas.