VIVENDA
En marcha a convocatoria de axudas para actuacións nos ámbitos das ARI do Casco Histórico, Vista Alegre, Vite e Pontepedriña
A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, e o arquitecto responsable da Oficina de Rehabilitación e Vivenda, Javier Fernández, presentaron a convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello: Casco Histórico, Vista Alegre, Pontepedriña e Vite. O prazo de solicitude estará aberto ata o 6 de outubro.
ALCALDÍA
Concello e Universidade afianzan a colaboración en materia investigadora
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, CiTIUS, co seu director científico, Senén Barro, co que falou da aplicación das tecnoloxías intelixentes en proxectos de interese para a cidade e, máis en concreto, de programas en marcha como o Smartiago ou o Trafair.
MOBILIDADE
Este luns entran en vigor os horarios de inverno 2019-2020 no transporte urbano
O luns 9 de setembro entran en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano.
PLENO
Formalizada ante o Pleno a renuncia como concelleiro de Agustín Hernández
Nunha sesión extraordinaria e urxente, o Pleno da Corporación tomou en coñecemento o escrito de renuncia do voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, Fernández de Rojas, ao cargo de concelleiro.
ALCALDÍA
O novo Consello Director de Compostela Rupestre deseña a folla de ruta para a consolidación do parque
A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, xunto co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e representantes dos concellos de Ames, Brión, Teo, e Val do Dubra, participaron nunha nova xuntanza do Consello Director de Compostela Rupestre, na que se tomaron decisións con respecto aos traballos a desenvolver nos próximos meses de cara a avanzar na consolidación do parque. Na reunión, celebrada en Raxoi, incorporáronse ao proxecto representantes dos novos gobernos...