ALCALDÍA
O alumnado do CEIP das Fontiñas protagoniza unha sesión plenaria promovida por Down Compostela
O alumnado de 5º de Primaria do CEIP das Fontiñas encheu esta mañá o salón de plenos do Pazo de Raxoi, nunha sesión que estivo promovida por Down Compostela. Nela abordárlonse cuestións relacionadas coa accesibilidade e a igualdade de oportunidades das persoas con Síndrome de Down ou con discapacidades.
DEPORTE
Arredor de 250 atletas participarán este sábado na XVII edición do Duatlón Cidade de Santiago
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou hoxe os detalles do XVII Duatlón Cidade de Santiago e do XX Duatlón Escolar. Na rolda estivo acompañada por Ramón López, membro do Club Triatlón Santiago Arcade Inforhouse, organizador da proba, e por Pablo Cabanelas, da Federación Galega de Triatlón.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno propón modificar o PXOM para rebaixar a edificabilidade da Finca do Espiño a 2.000 metros cadrados
O Goberno levará ao Pleno ordinario do próximo xoves, de cara á súa aprobación inicial, a proposta para a modificación puntual do PXOM e do Plan Especial na Finca do Espiño. O documento propón rebaixar a superficie edificable do ámbito a 2.000 metros cadrados, fronte aos 10.500 previstos na actualidade. Esa edificabilidade estaría permitida nun único volume, e dándolle continuidade ao tecido construído da rúa do Carme de Abaixo.
DEPORTE
"A Cidade do Futsal" alcanza a súa sexta entrega os días 30 e 31 de marzo
Este mércores presentouse na sala Eisenman da Cidade da Cultura a VI edición do torneo A Cidade do Futsal, o evento de referencia de fútbol sala de base en Galicia, que se celebrará os días 30 e 31 de marzo na Cidade da Cultura. No acto participaron a concelleira de Deporte, Noa Morales; a xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a xerente de Servizo de Viaqua, Ana Tejeiro, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García.
ALCALDÍA
O Concello valora a denuncia da Fiscalía contra a planta de Miramontes
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantiveron este mediodía unha xuntanza coa Plataforma de Miramontes, dentro dos contactos reiterados que está a haber para buscar unha solución ante a situación creada na canteira da Grixoa. Na reunión valorouse positivamente a decisión de Fiscalía de querelarse contra o vertedoiro.