TURISMO
Nova campaña de concienciación sobre o problema dos pisos turísticos ilegais
A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, pón en marcha unha campaña de concienciación "para que tanto turistas coma residentes saiban das consecuencias negativas que ten a proliferación dos pisos turísticos ilegais". Trátase dunha acción coordinada co Concello de Barcelona, que tamén se vai desenvolver noutras cidades europeas cun importante fluxo turístico.
As 15 cidades Patrimonio da Humanidade presentan a súa oferta turística e cultural nos Países Baixos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presentou onte á noite na Haia (Holanda), xunto con Paradores, as novidades da súa oferta turística e cultural ao sector profesional do turismo holandés.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación de dous contratos complementarios de rozas e mantemento
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o inicio de licitación de dous contratos complementarios para a execución de rozas en viarios e parcelas municipais e para actuacións de mantemento de pavimentos. A cada un deles destinaranse 121.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello inicia os trámites para a futura construción da "Cidade da Raqueta" de San Lázaro
A Xunta de Goberno deu hoxe un paso máis para a creación da futura "Cidade da Raqueta" de San Lázaro. Foi coa remisión á Xunta da solicitude para iniciar a avaliación ambiental previa á modificación do Plan Especial da parcela na que se localizarán as instalacións.
EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais rematan o curso cunha festa de graduación
Neste último día do curso escolar os nenos e nenas das aulas de 2-3 anos da Rede de Escolas Infantís Municipais de Santiago celebraron a súa graduación e a despedida do curso 2017-2018 en compañía dos compañeiros/as e os educadores/as das escolas.