XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local mellorará a praza de acceso ao campo de fútbol de Santa Isabel
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto de acondicionamento da praza de acceso ao campo de fútbol de Santa Isabel. Trátase dunha actuación que completa as que se van acometer nas instalacións deportivas para mellorar o seu céspede e a súa accesibilidade. As obras custarán 72.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago restaurará o retablo da capela da Pastoriza
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso o servizo de conservación e restauración do retablo da capela da Nosa Señora da Pastoriza, por un importe global de 43.187,34 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 19 de febreiro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período duns oito meses.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a instalación dos elementos de xogo dos parques infantís de Outeiro de Sar e Pablo Iglesias
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación dos elementos de xogo de dous parques infantís: un de nova creación na rúa Outeiro de Sar, e outro que será remodelado no parque de Pablo Iglesias, no barrio de Guadalupe. En total, investiranse nesas áreas de xogo máis de 200.000 euros.
ALCALDÍA
Santiago e Cuba reafirman os seus lazos de amizade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, quen asinou no Libro de Honra do Concello. O diplomático chegou acompañado do consul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana. A continuación, o rexedor e o embaixador dirixíronse ao Parque Eugenio Granell, onde realizaron unha ofrenda floral na escultura do escritor e político cubano José Martí.
TURISMO
Preséntase o Plan Estratéxico do Turismo de Santiago no Consello Municipal
O Auditorio de Galicia acolleu un xuntanza ordinaria do Consello Municipal de Turismo, con tres puntos destacados na orde do día: presentación e análise dos principais datos turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo de promoción de Turismo de Santiago previstas para o 2018, e presentación do Plan Estratéxico do Turismo de Santiago 2017-2022.