XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto da zona cuberta de usos múltiples de Santa Marta
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto da zona cuberta de usos múltiples de Santa Marta, unha actuación derivada do proceso dos orzamentos participativos Compostela Decide 2018. A actuación suporá un investimento de case 137.000 euros.
COMERCIO
O Concello convoca 20 cheques de consultoría para o pequeno comercio dentro do programa "Coidar para mellorar"
Os departamentos de Comercio e Lingua veñen de convocar 20 cheques de consultoría en comunicación comercial e adecuación de locais dentro do programa Coidar para mellorar, mellorar para coidar, posto en marcha en setembro de 2018 como resultado da unificación de dúas convocatorias de axudas.
ALCALDÍA
Aberta na Alameda a mostra fotográfica "Terra de soños", de Cristina García Rodero
A Alameda acolle ata o vindeiro 8 de maio a exposición Terra de soños, de Cristina García Rodero. A mostra, organizada por "la Caixa" en colaboración co Concello de Santiago e a Fundación Vicente Ferrer, reúne 40 fotografías que reflicten a vida cotiá dos habitantes de Anantapur, no estado de Andhra Pradesh, unha das zonas máis pobres da India, onde viven as comunidades máis marxinais e vulnerables do país.
XUNTA DE GOBERNO
A Concellaría de Mocidade organiza un novo campamento de verán de vela e actividades náuticas
A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do Campamento de verán de vela e actividades náuticas. A actividade desenvolverase entre o 4 e o 23 de xullo, e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos.
MEDIO AMBIENTE
A veciñanza da Gracia empeza a participar no programa municipal de compostaxe doméstica
A parroquia da Gracia vén de incorporarse ao programa de compostaxe doméstica impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, e que acaba de iniciar a súa segunda fase. O concelleiro Xan Duro participou onte na entrega dos composteiros ás familias participantes.