ACCIÓN CULTURAL

Continúan as actividades de Vive o Verán

14/07/2015

Nova semana de actividades no programa sociocultural Vive o verán. Este martes, os 120 rapaces e rapazas que participan nas Mañás de verán e de xogo realizan un tramo do Camiño de Santiago nos arredores de Padrón.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Alba María no arrinque do Artellando

14/07/2015

A cantante compostelá Alba María protagonizará o concerto nocturno de arrinque da programación Artellando, enmarcada dentro das Festas do Apóstolo 2015. Será este sábado 18 de xullo, ás 23:00 horas, na praza do Toural.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia supera o milleiro de seguidores en Twitter e acada os 2.632 fans en Facebook

14/07/2015

A Real Filharmonía de Galicia acaba de superar o milleiro de seguidores en Twitter. A día de hoxe xa alcanzou os 1.021. Creada en abril de 2012, a conta @rfgalicia triplicou no último ano e medio o número de seareiros. Nela publícase información relacionada cos concertos e actividades da orquestra, imaxes, noticias de interese cultural, enlaces a vídeos, etc.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Fuoco e Cenere clausuran o Via Stellae 2015

14/07/2015

A 10ª edición do Via Stellae chega este mércores ao seu fin cun concerto de Fuoco e Cenere ás 20:30 horas no Teatro Principal. Organizado e promovido polo Concello de Santiago e pola Xunta de Galicia, o Festival Via Stellae encheu de música Compostela, o seu casco histórico, durante máis de dúas semanas. Un total de 19 concertos dende o 29 de xuño que chegan ao seu fin con este concerto de Fuoco e Cenere.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Programa de Apoio Socioeducativo axudará a mozos e mozas a organizar os seus estudos e mellorar así o seu rendemento académico

13/07/2015

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou o Programa de Apoio Socioeducativo Verán 2015, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 16 anos, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Vite, de luns a xoves, de 10:00 a 13:00 horas. De existir demanda, tamén se realizaría no CSC da Trisca. Esta iniciativa forma parte do Programa de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e prevención de drogas, promovido dende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Arte urbana en Amor Ruibal para lembrar o pasado do barrio de Pontepedriña

13/07/2015

Dentro do Programa de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e prevención de drogas, promovido dende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), estase a realizar un mural coa técnica do graffiti nun inmoble da rúa Amor Ruibal. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernandez, presentou esta intervención, realizada por Mutante Creativo e NO3L e que estará rematada a finais desta semana.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio intervirá no Auditorio de Galicia co fin de evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do edificio

13/07/2015

O Consorcio de Santiago vai intervir no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levaraos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.

Leer más
Compartir: