EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Chega a Santiago en agosto o programa de divulgación da USC "TodoCosmos"

12/07/2018

Co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación científica astronómica TodoCosmos, iniciativa que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

O Goberno introduce modificacións puntuais na Ordenanza de Terrazas

11/07/2018

O Pleno da Corporación debaterá o próximo día 19 a modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, xa aprobada na Xunta de Goberno do pasado venres. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, explicou hoxe o contido das modificacións, "que buscan mellorar a seguridade xurídica nas terrazas interiores, limita o prazo das autorizacións das terrazas con pechamentos estables, e reduce a posibilidade de que estas instalacións ocupen espazo...

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Este mércores arrincan as "Mañás de circo" nos parques dos centros cívicos

10/07/2018

Mañá mércores comezan as Mañás de circo nos parques, unha das actividades incluídas no programa Vive o verán, da rede de centros cívicos. Circo Chosco protagoniza estes espectáculos, que se desenvolverán ao longo deste mes de xullo, sempre ás 11:30 horas, en varios espazos verdes próximos a centros cívicos.

Leer más

ALCALDÍA

A Asociación de Municipios do Camiño prepárase para o Ano Santo de 2021

09/07/2018

O alcalde recibiu esta mañá a membros da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, para deseñar as estratexias de colaboración de cara o Ano Santo de 2021. Na xuntanza con Martiño Noriega participaron o secretario técnico da asociación, Ernesto Gómez, e o xerente da Secretaría Técnica, Víctor López. Desta entidade forman parte máis de 80 municipios do Camiño Francés.

Leer más
Compartir: