MEDIO AMBIENTE E BENESTAR ANIMAL

O Concello instala paneis con información ambiental nas Brañas de Sar

04/12/2018

O Concello vén de instalar uns novos paneis informativos nas Brañas de Sar, para poñer en valor a riqueza deste espazo natural. Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Benestar Animal, Noa Morales, presentaron hoxe a cartelería, na que se explica a historia das Brañas, os seus usos tradicionais e cal é a súa flora e a súa fauna características.

Leer más

CONSORCIO

Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio, finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia

04/12/2018

Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de resultar finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia. Premios Paraugas 2018. Trátase dunha iniciativa do Clúster da Comunicación Gráfica coa que se distinguen os traballos máis relevantes no marco da edición, a impresión, o deseño, a creatividade, o marketing, o marketing dixital e a comunicación.

Leer más

CONVIVENCIA

O Servizo de Extinción de Incendios estrea uniformes

03/12/2018

O Servizo de Extinción de Incendios vén de estrear unha nova uniformidade, despois de case unha década sen que se adquirira nova roupa para os bombeiros de Compostela. A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, nunha decisión consensuada cos propios traballadores do parque, aproveitou a necesidade de renovar os uniformes para mudar a súa imaxe, con novas cores e coa incorporación do logo do Concello de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

Cinco entidades de Compostela celebran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

03/12/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá ao acto "Baixo un mesmo paraugas", que organizaron cinco entidades de Compostela para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Tamén asistiron a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e varios membros da Corporación, entre eles os voceiros e voceira de PP, PSOE e BNG.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Músicos/as de bandas profesionais de toda España xúntanse nun concerto único

03/12/2018

O Auditorio de Galicia acolle mañá martes o V Concerto "A Toda Banda", que unirá a noventa músicos de diferentes bandas profesionais de toda España nunha gran Banda Sinfónica que estará dirixida por Casiano Mouriño, Luis Cobos e Rafael Sanz-Espert. A actuación servirá para poñerlle o broche de ouro ao IV Congreso de AMProBand, que se celebra hoxe e mañá en Santiago.

Leer más

CONVIVENCIA

As solicitudes das novas tarxetas de residentes de Pelamios-Vista Alegre, a partir do 10 de decembro

03/12/2018

A Concellaría de Convivencia comunica que a partir do vindeiro luns, 10 de decembro, os veciños e veciñas das rúas Bispo Diego Peláez, Noia, Boiro, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, San Xoán e a praza de Álvaro Qunqueiro, poderán solicitar a tarxeta de residentes da zona 8 (Pelamios-Vista Alegre). Esta tarxeta permitiralles aparcar nas prazas que a tal fin se reservarán na rúa de Santa Comba e no lateral do parque de San Xoán dende as 21:00 ata as 9:00 horas, e nas rúas do Bispo Diego Peláez e de San...

Leer más
Compartir: