PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúa o programa educativo de rutas didácticas pola cidade e as parroquias Compostela Cultura Viva, Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
MEDIO AMBIENTE
Seis composteiros municipais producirán abono natural a partir dos restos vexetais recollidos nas áreas verdes da cidade
O primeiro composteiro municipal da rede Composteiros de Compostela púxose en marcha na Selva Negra, nun acto presidido pola concelleira de Medio Ambiente, María Castelao. Esta rede permitirá a instalación doutros cinco puntos máis de produción de cómpost libre de produtos fitosanitarios obtido dos restos vexetais recollidos nas tarefas de mantemento das áreas verdes.
URBANISMO
O Plan Especial da Cidade Histórica será modificado para diversificar os usos comercias e revitalizar a zona vella
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o seu Departamento iniciou a tramitación dunha modificación do Plan Especial de Protección da Cidade Histórica co fin de autorizar no seu ámbito usos comerciais exclusivos. Deste xeito, permitiríase un uso comercial máis aló da planta baixa, permitindo determinados negocios que precisan de superficies máis amplas que as dispoñibles actualmente.
CULTURA
Fanfarlo ofrece o seu único concerto en Galicia dentro do Compostela Rock
Fanfarlo, o grupo revelación do mellor indie británico, presenta o seu novo disco, Rooms filled with light, o venres 19 dentro do Compostela Rock. Será o seu único concerto en Galicia e a Sala Capitol abrirá as súas portas ás 20:00 horas para que a actuación comece, aproximadamente, ás 21:15 horas.
DEPORTES
Última carreira do circuíto CorreSAN entre a Cidade da Cultura e San Lázaro
Celebrouse a última das catro carreiras saudables CorreSAN. Desta vez, a proba iniciouse na Cidade da Cultura e rematou no Estadio de San Lázaro. Ademais, a carreira serviu para homenaxear o Victoria FC polo seu 75 aniversario.
ALCALDÍA
O alcalde uniuse aos actos de celebración da festividade da Virxe do Pilar
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e parte da Corporación, asistiron aos actos con motivo da festividade da Virxe do Pilar, patroa do Corpo da Garda Civil.
FAMILIA
O Multiusos de Sar acolleu unha concorrida festa familiar para recadar fondos destinados á asociación Xuntos Podemos
Os concelleiros de Familia e Benestar Social, Paula Prado, e de Deportes, Adrián Varela, achegáronse ata a festa benéfica da familia realizada no Multiusos Fontes do Sar con motivo do partido que o Santiago Futsal disputou co Puertollano FS.
ECONOMÍA
Máis de 200 participantes na cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching
A cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching tenlugar en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de outubro coa participación de máis de 200 asistentes interesados en ampliar os seus coñecementos sobre coaching, reorientación empresarial e profesional, networking activo ou xestión do tempo, entre outras temáticas.
PLENO
As arcas municipais pagaron 2.247 facturas a 256 provedores dende xullo de 2011
O Pleno da Corporación, nunha sesión extraordinaria, aprobou definitivamente a conta xeral do exercicio 2011. Esta reflicte un resultado orzamentario positivo de algo máis de seis millóns de euros.
COMERCIO
Unhas xornadas analizarán en Santiago as novas tendencias en blogs de moda e comercio electrónico
A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou as I Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico, que se celebrarán en Santiago os días 19 e 20 de outubro.