CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto na Catedral de Santiago
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra este xoves un concerto na Catedral de Santiago, ás 21:30 horas. Levará a batuta o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde anuncia novos proxectos para o ámbito do Urbana Santiago Norte por importe de case 800.000 euros
O alcalde compostelán deu conta dos asuntos tratados na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno, celebrada na tarde deste mércores. Unha das cuestións aprobadas foi a redistribución do orzamento do Urbana Santiago Norte, como consecuencia das baixas producidas nalgúns dos proxectos, o que permitirá poñer en marcha novas actuacións neste ámbito, por importe de 787.228 euros.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Voluntarios de Protección Civil acompañaron a 1.000 mozos e mozas dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro
Os voluntarios da Asociación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Santiago colaboraron coa Policía Local no acompañamento dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro de case 1.000 mozos e mozas da Diocese de Madrid, acompañados polo cardenal - arcebispo Antonio María Rouco Varela. Están en Compostela para conmemorar o 25º aniversario da Xornada Mundial da Xuventude.
DEPORTES
Celebrada en San Lázaro unha nova edición solidaria do Trofeo Manolo Martín
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu ao XXXI Trofeo Manolo Martín, que disputaron a S.D. Compostela e o Real Madrid C no Estadio Multiúsos de San Lázaro.
EMPREGO
Santiago de Compostela baixa das 8.000 persoas rexistradas no paro por primeira vez dende agosto do ano 2011
No pasado mes de xullo o número de persoas rexistradas no paro en Santiago foi de 7.801, 221 menos que no mes anterior. Deste xeito, xullo é o primeiro mes dende agosto de 2011 no que o número de persoas rexistradas no paro descende de 8.000 na cidade. Trátase dun resultado que consolida a recuperación do emprego na cidade, que comezou a baixar en termos interanuais precisamente en xullo de 2013, cando se rompeu unha racha de 63 meses consecutivos medrando, dende abril de 2008.
CULTURA
Noite Curta, cine de verán ao aire libre para os xoves do mes de agosto
A concelleira de Cultura, María Antón, o director do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, Pela del Álamo e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron Noite curta, proxeccións para as noites estivais de agosto en Compostela, completando a programación que anima as rúas de Compostela durante este mes. A actividade está prevista para os xoves 7, 14 e 21 de agosto, ´´as 22:30 horas, na praza das Praterías.
ALCALDÍA
Agustín Hernández afirma que o Bosque de Galicia vai transformar e integrar en Compostela a contorna da Cidade da Cultura
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, considera que o Bosque de Galicia "vai transformar unha parte importante da cidade, achegándolle unha nova perspectiva na que se dan a man natureza e calidade de vida". Así o indicou no acto de presentación deste proxecto, celebrado no Centro Sociocultural da Trisca e presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
CULTURA
"Pepiña Maruxiña quere voar", contacontos con Barafunda en Verán na Rúa
O ciclo Verán na Rúa continúa este mércores, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, co contacontos Pepiña Maruxiña quere voar, presentado pola compañía galega Barafunda. A entrada é libre para todo o público e o espectáculo está recomendado de maneira especial para nenos de 2 a 8 anos.
ALCALDÍA
O Concello achega este ano 104.000 euros a Cáritas para o desenvolvemento dos programas de Atención Primaria e Vagalume
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o director de Cáritas, Anuncio Mouriño, asinaron esta mañá dous convenios de colaboración para o desenvolvemento de senllos programas de servizos sociais que desenvolve a citada entidade diocesana na cidade de Compostela.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" cun concerto dedicado á música española
A Real Filharmonía de Galicia participa no LVII Curso Universitario Internacional de Música Española "Música en Compostela" cun concerto, que se celebrará este martes no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. Levará a batuta o director asociado da orquestra, o mestre Maximino Zumalave.