ALCALDÍA

Diminúen os delitos rexistrados en Santiago

13/07/2018

No primeiro semestre do ano baixaron os delitos rexistrados en Santiago, segundo se puxo de manifesto na Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe. Na reunión analizáronse os dispositivos de seguridade previstos para os días 24 e 25 de xullo, días grandes das festas do Apóstolo.

Leer más

ALCALDÍA

O Multiúsos de Sar volve ao circuíto dos grandes concertos coa actuación de Tribalistas o 26 de outubro

13/07/2018

O Multiúsos de Sar será escenario o 26 de outubro dun dos tres concertos que Tribalistas ofrecerá en España dentro da súa xira europea. O espectáculo suporá o regreso dese espazo ao circuíto dos grandes eventos musicais, unha liña de traballo que o Goberno local vén impulsando dende hai meses. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o concerto, nunha rolda de prensa na que tamén participaron os representantes das empresas promotoras: Vítor Belho, de Nordesía Produccións, e Mercedes...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local abre un novo expediente á planta de tecnosolos de Miramontes

13/07/2018

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, asinou hoxe un decreto polo que se inicia o procedemento de declaración de ineficacia da comunicación previa de inicio de actividade na planta de tecnosolos de Miramontes. A apertura deste expediente prodúcese no mesmo día no que a Xunta de Goberno acordou sobreseer o procedemento de revogación da licenza de obras das instalacións "ante o perigo de que o expediente caducara antes de que a Xunta pechara as accións que ten en marcha en...

Leer más

FESTAS

Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo

13/07/2018

Xa se coñecen os nomes das 25 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos/coas seus/súas acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 50 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia.

Leer más

JUNTA DE GOBIERNO

Iniciado el procedimiento de licitación de la oficina técnica del proyecto Smartiago

13/07/2018

La Junta de Gobierno acordó hoy iniciar el procedimiento de adjudicación del servicio de la oficina técnica del proyecto Smartiago. El contrato tendrá un tipo de licitación de 565.000 euros, IVA incluido. De esa cantidad, el 80% procederá de fondos europeos FEDER. El proyecto Smartiago se basa en el fomento de la compra pública innovadora, y el Ayuntamiento de Santiago tiene captados cinco millones de euros para el programa, en virtud del convenio firmado con el Ministerio de Economía.

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha mostra do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller, criticando o machismo da sociedade actual e a cultura xaponesa

12/07/2018

A Casa do Cabido acolle a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…, que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio artista, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

Leer más
Compartir: