CONSORCIO

O clarinetista finlandés Kari Kriikku toca esta semana coa RFG o "Concerto para clarinete" que Magnus Lindberg compuxo para el

10/12/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 12 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 29, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. E o venres 14, a RFG trasladarase á Coruña, onde tocará no Palacio da Ópera da cidade, ás 20:30 horas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a Oferta de Emprego do Concello para 2018, que contempla 45 prazas

07/12/2018

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a oferta de emprego do Concello para este ano 2018, que contempla 45 prazas. Delas, 10 delas serán da convocatoria de promoción interna e 35 de quenda libre. Desta maneira, o Goberno "responde ás necesidades máis urxentes de persoal da administración municipal, dentro do escaso marxe que permite a lei por mor da taxa de reposición". Entre as novas prazas, destacan as do servizo de extinción de incendios ou a dotación, por vez primeira, dun fagotista para a Banda Municipal de Música.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello de Santiago conmemora cos centros escolares o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

07/12/2018

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe a actividade que organiza o concello co gallo do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "o documento máis influínte do século XX e un código de desexos e aspiracións universais da Humanidade", tal e como o definiu o edil, quen lamentou que "estes dereitos non estean aínda asegurados para toda a poboación mundial".

Leer más

ALCALDÍA

Asinados os convenios para a posta en marcha da ludoteca "María Miramontes" e a compra do Legado Maside

05/12/2018

O alcalde, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron hoxe tres convenios de colaboración que supoñen unha achega do organismo provincial de máis de medio millón de euros para temas de especial importancia para a cidade: a posta en marcha do Centro Educativo e de Lecer "María Miramontes", a adquisición do legado Maside para a súa exposición permanente e a actividade cultural do Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: