FESTAS

Aberto ata o 8 de maio o prazo para inscribirse no 5º Mercado do Libro da Festa do Banquete

09/04/2024

Conxo acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. Baixo a organización do Departamento de Comercio do Concello, este espazo acollerá expositores dos sectores do libro que poderán presentar a súa solicitude ata o día 8 de maio. Tamén estará aberto ata o 13 de maio o prazo para a solicitude de ocupación da vía...

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

O CIPX do Parque de Belvís acolle un curso de iniciación á horta ecolóxica

09/04/2024

O Curso de iniciación á horta ecolóxica foi impartido por Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, o pasado 5 de abril no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns) do Parque de Belvís. Trátase dunha formación impulsada polo Concello de Santiago a través do seu Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo dirixida á cidadanía.

Leer más

FESTAS

FESTA DO BANQUETE DE CONXO 2024

09/04/2024

A V Festa do Banquete de Conxo celebrarase este ano o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de maio na carballeira do Banquete de Conxo e na praza Aurelio Aguirre. Consulta nesta páxina toda a información.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá luz verde á adxudicación do contrato de rehabilitación de firmes en nove rúas da cidade

08/04/2024

O executivo municipal aprobou esta mañá a adxudicación do contrato para a realización das obras de rehabilitación de firmes de vías urbanas á empresa MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L por un importe de 302.998,01 €. Tamén se deu luz verde a varias adxudicacións entre as que destaca as do contrato para as obras de reurbanización da Rúa do Pombal á UTE REURBANIZACION POMBAL (INSIDE-OVIGA) por importe de 732.420,01 € así como a do servizo da dirección facultativa e de obra e a...

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

08/04/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Isabel Suárez, coordinadora da Fundación Secratario Xitano (FSG) en Santiago, e representantes dos demais grupos municipais, deron lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira ou co canto do himno Gelem, Gelem, símbolos deste colectivo.

Leer más

FESTAS

Volve a Festa do Banquete de Conxo os vindeiros 24, 25 e 26 de maio

05/04/2024

O barrio de Conxo acollerá os vindeiros 24, 25 e 26 de maio unha nova edición da Festa do Banquete cunha amplo programa de actividades entre o que se atopa o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre. O día grande das Festa será o domingo coa tradicional romaría popular aberta a toda veciñanza na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Os concelleiros de Festas, Pilar Lueiro, e de...

Leer más
Compartir: