CENTROS SOCIOCULTURAIS
Diversión en Cerceda, un roteiro xeolóxico e xogos tradicionais, entre as próximas propostas de "Vive o verán"
Continúan as actividades do programa Vive o verán 2013, da Concellería de Centros Socioculturais. O xoves 18 de xullo, un grupo de 115 rapaces de 7 a 14 anos participarán na segunda saída ao Parque Acuático de Cerceda, onde pasarán unha refrescante xornada. Estarán no parque dende as 11:30 ás 20:00 horas.
REAPERTURA
Unha nova oportunidade de verán para descubrir o museo da Casa da Troia
As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez acompañaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na visita que realizou á Casa da Troia, o emblemático museo romántico compostelán que no seu tempo acolleu unha intensa vida estudantil decimonónica novelada por Alejandro Pérez Lugín na súa obra homónima.
DEPORTES
Aberto ata o 24 de xullo o prazo para solicitar instalacións deportivas municipais para a tempada 2013/2014
A Concellería de Deportes informa que segue aberto o prazo para solicitar instalacións deportivas municipais para a tempada 2013/2014. O último día para realizar as solicitudes será o mércores 24 de xullo.
REHABILITACIÓN
Inícianse as escavacións para descubrir o interior do Castelo da Rocha Forte
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, asinou a acta de replanteo para o inicio das obras no Castelo da Rocha Forte. Serán catro meses e medio de escavacións, cun investimento do Goberno de España dun millón de euros, co obxectivo de descubrir a estrutura interior da fortaleza.
FESTAS
As Festas do Apóstolo traen dez intensos días de actividades para todos os públicos
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou o programa das Festas do Apóstolo 2013, que se celebrarán do 22 ao 31 de xullo. Artistas como Raphael ou Primal Scream destacan nun programa caracterizado por catro eixes: a intensa actividade durante dez días, a variedade de propostas, a gratuidade da maioría de espectáculos e a aposta polos artistas galegos, segundo destacou o edil.
ALCALDÍA
O xardín do Colexio de Fonseca abre as súas portas ao público
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron no Reitorado o convenio de colaboración para o acceso público ao xardín do Pazo de Fonseca. Abre así as súas portas á cidadanía este espazo, situado entre a Biblioteca Xeral, a travesía de Fonseca e a praza de Rodrigo de Padron, onde está a porta de entrada.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan os obradoiros e obras teatrais para bebés do programa "Vive o verán"
O programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais continúa levando actividades a diferentes espazos da cidade. Nesta xornada celebrouse no CSC de Vite unha nova sesión dos obradoiros para bebés Medrar en familia.
XUVENTUDE
Primeira xornada do programa de voluntariado para o acondicionamento da carballeira de Tarrío
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na parroquia do Carballal na primeira xornada de recuperación da carballeira de Tarrío, dentro do programa de voluntariado ambiental. A actividade continuará os días 23 e 30 e ten como obxectivo promover a concienciación e sensibilización da poboación nova sobre o medio.
FESTAS
Roberto Vilar promete "risa e sentimento" no pregón das Festas do Apóstolo
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2013. Será o cómico Roberto Vilar, quen dará inicio o día 22, a partir das 22:30 horas, na praza do Obradoiro, a dez días de celebración.
URBANISMO
O Concello habilita máis dun millón de euros para investir noutras doce obras e proxectos no presente exercicio 2013
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a habilitación dunha modificación de crédito que permitirá destinar aproximadamente 1,1 millóns de euros para executar novas obras e encargar proxectos. Entre estes figurará a remodelación das prazas de Vigo e de Galicia, a terceira fase da reparación de firmes e beirarrúas no Ensanche, a reurbanización da rúa Raxoi ou a homologación e rehabilitación dos 72 parques infantís da cidade.