DEPORTES

O Goberno municipal aborda a reforma integral do Vero Boquete para converter Santiago "na capital do deporte"

11/06/2024

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte".

Leer más

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

Constitúese a Comisión especial para mellorar a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago

10/06/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial encargada de analizar a forma máis eficiente e sostible para a xestión do ciclo integral da auga no Concello de Santiago. Na xuntanza de hoxe, que contou coa participación da alcaldesa, representantes dos grupos políticos municipais e persoal técnico do Concello, tamén se abordou o réxime de sesións, a análise da situación de partida e a toma de decisións.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A autora palestina Adania Shibili e a bretoa Nolwenn Korbell, novas incorporacións ao Xardín das pedras que falan

09/06/2024

‘O xardín das pedras que falan’ incorpora desde esta tarde dúas novas voces poéticas, a da palestina Adania Shibili e a da bretoa Nolwenn Korbell. As pedras cos seus textos, en árabe e en bretón, foron descubertas nun acto público presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que tamén participaron, o poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, e a ensaísta e catedrática de Francés, María Lopo.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Compostela Cultura conmemora o Día Europeo da Música cunha programación que celebra a diversidade cultural

07/06/2024

Do 18 ao 22 de xuño, o Teatro Principal acollerá catro concertos e un espectáculo de danza con música en directo que combinan sonoridades tradicionais e contemporáneas. As entradas e convites están xa á disposición do público na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes na Zona C ·Punto de información Cultural e tamén se poderán retirar no despacho de billetes do Teatro o día de cada evento dende unha hora antes do seu inicio.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Centro Xove da Almáciga acolle o Demoday de iniciativas de emprendemento cooperativo no ámbito do márketing dixital

07/06/2024

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga acolle o próximo xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación "Márketing Dixital e Cooperativismo". O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A música contemporánea centra a axenda cultural da fin de semana no Auditorio de Galicia

07/06/2024

Como parte das Xornadas de Música Contemporánea, a JONDE ofrecerá entre o venres e o domingo dous concertos de cámara e un para ensemble no que presentará catro estreas absolutas, dúas delas realizadas por encargo específico da orquestra. Todos os recitais son de acceso libre até completar capacidade e irán precedidos dunha sesión comentada a cada programa da man da musicóloga Rosa Fernández

Leer más
Compartir: