ALCALDÍA

Santiago celebra a semana do Alzheimer cun congreso internacional de investigación e innovación

17/09/2018

O VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas (CIIIEN), organizado pola Fundación Reina Sofía, Fundación CEN (Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), reunirá esta semana en Santiago de Compostela a destacados investigadores nacionais e internacionais para poñer en común os principais avances no tratamento do Alzheimer, Parkinson e Huntington.

Leer más

CONVIVENCIA

Comezan as probas para a cobertura de seis prazas de Policía Local

17/09/2018

O Concello de Santiago iniciou este luns as probas selectivas para a contratación de seis policías locais mediante un proceso de oposición libre. O primeiro exame, de aptitude física, celébrase durante os días 17 e 18 de setembro mas instalacións da pista de atletismo da USC.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A Fundación Granell acolle dende este venres e ata o 14 de outubro a exposición "Vexo ao meu xeito"

14/09/2018

Este venres tivo lugar o acto de inauguración dun proxecto fotográfico que leva por título Vexo ao meu xeito, para sensibilizar e visibilizar a discapacidade visual. Na inauguración estivo a edila de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada de Matías Sánchez e Mateo Liébana, autores do proxecto fotográfico, e de Lourdes Díaz, presidenta da Asociación Tiresias Galicia.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este sábado un concerto gratuíto ao aire libre na Praza de Abastos

14/09/2018

A Real Filharmonía de Galicia ten entre as súas prioridades achegar a orquestra e a música clásica a toda a cidadanía. Así, ao longo desta temporada están previstas unha serie de actuacións na rúa e noutros espazos diferentes á sede da orquestra, o Auditorio de Galicia. Nesta liña, a RFG iniciou esta semana un ciclo de concertos gratuítos, na súa maioría ao aire libre, en barrios emblemáticos da cidade, todos eles baixo a batuta do xove mestre polaco Jan Wierzba.

Leer más

FACENDA

Xuntanza da Mesa de Propostas para ponderar as propostas finalistas dos Orzamentos Participativos

14/09/2018

A Mesa de Propostas dos Orzamentos Participativos Compostela Decide reunirase a próxima semana para estudar e valorar as propostas de actividades e investimentos que pasaron a fase de avaliación técnica, e que se someterán a votación na última fase do proceso. As citas serán o martes 18 e o mércores 19 de setembro, ás 19:30 horas, na Casa das Asociacións, en Cornes.

Leer más

ALCALDÍA

O VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas reunirá en Santiago máis dun centenar de expertos internacionais

14/09/2018

Coincidindo coa semana en que se celebra o Día Mundial do Alzheimer, S.M. a Raíña Dona Sofía presidirá este 19 de setembro en Santiago de Compostela a apertura do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas – CIIIEN, que durante tres intensas xornadas de relatorios e intercambios de coñecementos reunirá máis dun centenar de expertos internacionais. O Congreso celebrarase na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, cuxo auditorio acollerá o acto inaugural e as...

Leer más
Compartir: