TURISMO

Santiago de Compostela promociónase como destino turístico na feira turística máis importante de Asia

18/10/2018

Turismo de Santiago participa entre o 17 e 19 de outubro na Feira ITB Asia, o maior encontro profesional de turismo de Asia e Pacífico, que se celebra en Singapur. Trátase da terceira edición consecutiva na que Turismo de Santiago participa na ITB Asia, logo que no 2016 se tomase a decisión de apostar pola participación neste evento como unha fórmula para posicionarse nos principais mercados asiáticos.

Leer más

CENTROS CÍVICOS

As Xornadas Micolóxicas de Conxo chegan á súa X edición

18/10/2018

O Centro Cívico de Conxo acolle os días 19 e 20 de outubro a décima edición das súas Xornadas Micolóxicas, organizadas en colaboración coa Asociación Micolóxico-Naturista Pan de Raposo. O obxectivo desta iniciativa é achegar a veciñanza ao mundo dos fungos, sobre o que en Galicia houbo tradicionalmente unha visión negativa.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Xornadas de portas abertas e charlas nutricionais nos comedores escolares

18/10/2018

A Concellaría de Educación e Cidadanía informa da celebración de varias xornadas de portas abertas para as familias usuarias dos servizos de comedor e de madrugadores nos centros públicos de educación infantil e primaria. Tamén se programaron charlas nutricionais nos nove centros que teñen este servizo de comedor.

Leer más

TURISMO

A undécima edición de Santiago(é)tapas incorpora unha gran final e novidades na distribución dos premios

17/10/2018

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, presentaron a undécima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas da cidade, que se celebrará do 15 de novembro ao 2 de decembro. Este ano, a organización, compartida por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, decidiu introducir varias novidades importantes co obxecto de darlle un novo pulo o evento.

Leer más

ALCALDÍA

O presidente da Xunta compromete o financiamento da EDAR e estudará a colaboración coa Cidade da Raqueta

17/10/2018

O alcalde e o presidente da Xunta mantiveron esta mañá unha xuntanza para repasar os asuntos pendentes da cidade e facer seguimento dos que xa están en marcha. Martiño Noriega formuloulle a Alberto Núñez Feijóo unha proposta de traballo conxunto entre as dúas institucións en relación a 30 cuestións de diferentes temáticas, como as grandes infraestruturas, as políticas sociais ou os novos equipamentos. A xuntanza, de dúas horas de duración, estivo marcada polo clima de entendemento e pola...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este xoves un concerto homenaxe ao compositor José Arriola

17/10/2018

A Real Filharmonía de Galicia está a realizar unha xira de concertos polas cidades de Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo en homenaxe ao compositor José Arriola, coñecido como o "Mozart galego". Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, arrancaba a semana pasada en Ferrol. Hoxe mércores a cita será no Círculo das Artes de Lugo, a partir das 20:00 horas. A xira continuará no compostelán Auditorio de Galicia mañá xoves, día 18 (20:30 horas), e rematará o...

Leer más

MEDIO AMBIENTE E DEPORTE

O Concello e o Santiago Futsal colaboran nunha nova campaña para fomentar a reciclaxe

16/10/2018

O Concello de Santiago e o Santiago Futsal poñen en marcha unha nova campaña de fomento da reciclaxe, que se vai desenvolver ao longo da tempada 2018-2019. Ademais de utilizar camisetas serigrafiadas coas cores verde, amarela e azul da reciclaxe, o equipo impulsará xornadas educativas, visitará colexios e organizará concursos sobre a temática. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; a concelleira de Deportes, Noa Morales, e o director xeral do Santiago Futsal, Miguel Fernández, presentaron hoxe a campaña.

Leer más

IGUALDADE E MEDIO RURAL

Comeza unha nova quenda de obradoiros de empoderamento das mulleres do rural

16/10/2018

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, presentaron hoxe unha nova quenda dos obradoiros de empoderamento para as mulleres do rural, que se desenvolverán durante os meses de outubro e novembro en seis parroquias de Compostela. Xunto a eles estiveron a dinamizadora dos obradoiros, Cruz da Fonte, e a coordinadora dos centros cívicos do rural, María Pose.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde participa na presentación de "As San Lucas" de Mondoñedo

16/10/2018

O alcalde participou hoxe na presentación das Feiras e Festas de As San Lucas de Mondoñedo, celebrada na Praza de Abastos. Martiño Noriega acompañou á rexedora mindoniense, Elena Candia, e ao presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, que remataron en Compostela a ronda de presentacións que veñen facendo das celebracións nas sete cidades do Antigo Reino de Galicia. Martiño Noriega salientou que "as de Mondoñedo son as festas máis antigas do país, e iso débese sobre todo ao...

Leer más
Compartir: