ALCALDÍA

O impulso internacional das Cidades Patrimonio, éxito destacado no balance da última lexislatura

08/06/2019

O Grupo das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou este sábado a última Asemblea Xeral deste mandato 2015/2019, na que se presentou o balance do traballo realizado estes catro anos e fixáronse algúns dos retos que as cidades terán que afrontar no futuro. O alcalde de Santiago en funcións, Martiño Noriega, representou a cidade nesta última xuntanza da lexislatura.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Vinte proxectos impulsados por mulleres protagonizaron a I Feira de Emprendedoras de Compostela

07/06/2019

O edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) acolleu hoxe a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Desenvolvemento Económico e o programa Woman Emprende da USC. A feira, que contou hoxe con 20 proxectos innovadores e centos de visitantes, naceu co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna. Nesta primeira edición, a temática e o sector escollido é o...

Leer más

CONSORCIO

Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un novo concerto no Paraninfo da USC

07/06/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos/as do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. Como colofón dos seus estudos, os/as músicos/as noveis protagonizan varias actuacións no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo.

Leer más

ALCALDÍA

O Goberno en funcións e os/as concelleiros/as electos/as do futuro Executivo local inician o traspaso de poderes

06/06/2019

O alcalde en funcións, Martiño Noriega, e o candidato da lista máis votada nas pasadas eleccións e futuro alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron hoxe unha xuntanza para iniciar o traspaso de poderes entre os dous grupos de Goberno. Na reunión participaron os concelleiros e concelleiras do actual Goberno en funcións, así como os/as edís electos/as do PSOE nos comicios locais do pasado 26 de maio.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A SELIC chega á súa terceira edición con ducias de actividades ao redor do libro e con La Habana como cidade invitada

06/06/2019

A praza da Quintana acollerá dende mañá venres e ata o 16 de xuño a III edición da SELIC, a Semana do Libro de Compostela. Novamente, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dun amplo programa de actividades ao redor da literatura, con presentacións de libros, propostas infantís ou actuacións musicais. Nesta ocasión, a cidade invitada será La Habana, "para deste xeito sumarnos dende Santiago á celebración do 500 aniversario da capital cubana".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O sector da cultura supón o 5,2% do PIB da comarca e máis de 1.200 afiliacións á Seguridade Social

05/06/2019

O sector da cultura ocupa unha posición estratéxica na comarca de Santiago, con máis de 400 empresas, 1.200 persoas afiliadas á Seguridade Social e un peso do 5,2% no PIB. Así se recolle no Informe da Cultura en Santiago de Compostela, que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, acompañada polo director do estudo, o consultor cultural Marcos Lorenzo. O documento, elaborado a partir dunha completa análise de datos, senta as bases para a emisión periódica de...

Leer más
Compartir: