MEDIO AMBIENTE E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O parque de Belvís converterase nun excelente observatorio astronómico da man do programa "Vive o Verán"
Continúan as actividades do programa Vive o Verán, organizado pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais xunto coa Concellaría do Medio Ambiente. Para o mércores 12 de agosto está programada unha interesante actividade que, baixo o título "Observando o ceo", ten como obxectivo ser unha pequena toma de contacto coa astronomía.
EMPREGO
O Servizo de Intermediación Laboral atendeu máis de 4.500 consultas no primeiro semestre de 2009
O Servizo de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica e Emprego atendeu 4.503 consultas no primeiro semestre do 2009. 2.800 peticións de información, o 62,2%, realizáronas mulleres, e 1.703, o 37,8%, homes. 2.647 (o 58,8%) rexistráronse nas oficinas de Promoción Económica e Emprego situadas na rúa do Hórreo, número 100. As outras 1.856 peticións de información atendéronse a través do teléfono 981 568 752.
CULTURA
Begoña Cuquejo estrea unha peza de danza para un escaparate dentro da sección Abrazos Off
O martes 11 poderase ver a segunda proposta dos Abrazos Off, a sección máis innovadora e arriscada do Festival dos Abrazos, que aposta polas rúas de Compostela como plataforma de lanzamento dos artistas máis novos e menos coñecidos. Begoña Cuquejo presenta Nin un mm, unha peza de danza contemporánea pensada para representar nun escaparate.
ALCALDÍA
O Ministerio de Fomento aproba o proxecto do paso inferior de Conxo
O Ministerio de Fomento autorizou e aprobou o proxecto do túnel de Conxo, unha obra que suporá un investimento de máis de 7 millóns de euros. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen indicou que "o razoable é que as obras poidan comezar na primavera de 2010".
EDUCACIÓN
Sete nenos e nenas saharauís viven en Santiago as súas vacacións en paz
Un ano máis, o programa "Vacacións en Paz" permite a chegada a diversos lugares de España de nenos e nenas saharauís para pasar os meses de xullo e agosto. Este verán de 2009, as familias compostelás acollen a sete rapaces. Tamén como xa é tradicional, nenos e familias de acollida pasaron por Raxoi.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á reurbanización da rúa Home Santo de Bonaval
A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou, entre outros asuntos, o proxecto de reurbanización da rúa Home Santo de Bonaval, presentado polo Consorcio de Santiago e que suporá un investimento de máis de 1,3 millóns de euros.. Ademais, iniciouse o proceso de contratación das obras de reforzo do firme das vías públicas municipais.
CULTURA
O Feito a Man converte a praza de Cervantes nun cabaré da man do Coro da Rá, Jamila Purofilin e os Fratelli Negroni
O Festival dos Abrazos converterase o sábado 8, a partir das 22:00 horas a praza de Cervantes, na terraza dun cabaré, coas actuacións do Coro da Rá, de Jamila Purofilin e de Fratelli Negroni, incluidas dentro da programación do Feito a Man, organizada pola Asociación Cultural Cidade Vella. Unha noite especial con gospel e soul, boleros e canción italiana.
EDUCACIÓN
Os nenos e nenas do Centro Xuvenil Don Bosco visitaron a exposición "Chaplin en imaxes"
Continúan desenvolvéndose as actividades didácticas paralelas á exposición Chaplin en imaxes, que estará na igrexa da Universidade ata o 30 de agosto. Esta vez os visitantes foron os nenos e nenas do Centro Xuvenil Don Bosco.
ALCALDÍA
A rúa Raiola cambia o seu aspecto con novas beirarrúas e servizos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de reurbanización da rúa Raiola, en Lamas de Abade. Esta actuación, financiada polos fondos FIL, está xa na súa recta final e supuxo un investimento de 380.169 euros.
ALCALDÍA
O Concello e a CRTVG tenden pontes de colaboración cara o Xacobeo 2010
O novo director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, visitou Raxoi, onde mantivo un encontro co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.