SOSTIBILIDADE
Case 300 persoas participaron nas actividades do CIAC durante o mes de maio
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) segue a programar diversas actividades ambientais para adultos e escolares. Durante o mes de maio, preto de 300 persoas pasaron por este equipamento municipal para participar nalgunha visita guiada ou nos obradoiros.
COMERCIO
CONECOM ofrece as claves para o éxito dun proxecto de comercio electrónico
Santiago de Compostela acolle a terceira Conferencia de Comercio Electrónico de Galicia, CONECOM, que se celebrará este xoves 19 de xuño, a partir das 9:30 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións. O Concello colabora un ano máis con esta iniciativa, na que a inscrición é gratuíta.
COMERCIO
O Concello reparte o material de difusión da marca comercial de San Pedro aos comerciantes e hostaleiros do barrio
Os comercios e establecementos de hostalería do barrio de San Pedro están a recibir nestes días todo o material de difusión da marca comercial desta zona da cidade. Continúa así desenvolvéndose o programa global de dinamización comercial deste barrio. A distribución deste material complementarase coa realización dun vídeo de sensibilización e cunha campaña nas redes sociais.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Continúan os preparativos da última etapa da Volta Ciclista a España
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis, mantiveron nunha nova reunión preparatoria da última etapa da Volta Ciclista a España, prevista para o domingo 14 de setembro, co director de Produción da Volta, Pedro Lezaun. Continúa así ultimándose o importante operativo desta contrarreloxo individual de 9,6 quilómetros, con saída da Cidade da Cultura e remate na praza do Obradoiro, pasando por Fontes do Sar, San Lázaro, Amio, Cruceiro da Coruña, praza da Paz, Xoán XXII e...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Galas de maxia en "Vive o verán"
Como remate do Obradoiro-escola de maxia infantil, que se desenvolveu nos centros socioculturais do Castiñeiriño e das Fontiñas durante todo este curso 2014 e, tras seis meses de aprendizaxe, os trinta rapaces participantes amosarán todas as habilidades máxicas adquiridas en dúas galas: este xoves 19 no CSC do Castiñeiriño e o venres 20 no CSC das Fontiñas, ás 19:00 horas.
PLENO
O Pleno municipal tomou en coñecemento a proposta de membros para ocupar os cargos vacantes de concelleiros
O Pleno da Corporación celebrou unha sesión extraordinaria, na que se tomou en coñecemento a renuncia de oito edís do Goberno municipal, así como a proposta de nomes para ocupar as prazas vacantes.
XUVENTUDE
Comezou o Curso de Monitor de Tempo Libre organizado por Xuventude e Don Bosco
O alcalde compostelán e a concelleira Reyes Leis asistiron á primeira xornada do Curso de Monitor de Tempo Libre que organiza a Concellería de Xuventude e imparte a Escola de Tempo Libre do Centro Don Bosco.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ábrese a inscrición gratuíta no Curso de literatura práctica
A Concellería de Normalización Lingüística, coa colaboración da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, organiza unha nova edición dos obradoiros de literatura para adultos que veñen realizándose estes últimos anos durante o outono.
URBANISMO
O Concello instalará un sistema de bombeo de pluviais na praza da Capela de San Xoán (Pelamios) para evitar inundacións
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, reunida na Capela de Urbanismo, no Pazo de Raxoi, aprobou a instalación dun sistema de bombeo de augas pluviais na praza da Capela de San Xoán, en Pelamios. Preténdese así evitar as inundacións que se veñen producindo nesta praza. Ademais, deuse o visto bo á modificación da sinalización vertical na rúa de San Francisco.
ALCALDÍA
Presentado o VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía Biospain 2014, que terá lugar en Compostela do 24 ao 26 de setembro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na presentación do VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía Biospain 2014, que terá lugar en Compostela entre os días 24 e 26 de setembro. O acto contou coa presenza dos conselleiros de Sanidade, Rocío Mosquera; de Economía e Industria, Francisco Conde; de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.