ALCALDÍA

O alcalde reclamará en Madrid "avanzar no camiño marcado en setembro para construír a EDAR na Silvouta"

17/12/2018

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, viaxarán mañá a Madrid para participar nunha xuntanza con representantes do Ministerio de Transición Ecolóxica e da Xunta de Galicia para abordar o proxecto da futura EDAR de Santiago. Nesa reunión, o Goberno local reclamará ao Ministerio que "avance nos acordos acadados en setembro para construír a depuradora na Silvouta, no espazo que ocupan as actuais instalacións". O alcalde lembrou que "este é o proxecto con...

Leer más

DEPORTE

Máis de 1.000 escolares participaron na segunda edición da actividade "Coñece o squash"

14/12/2018

O polideportivo de Santa Isabel acolleu este venres a acción de clausura do programa escolar "Coñece o squash", que o Concello de Santiago impulsou, por segundo ano consecutivo, en colaboración coa Federación Galega de Squash. Ata alí se achegaron a concelleira de Deporte, Noa Morales, o campión de España e Europa, Borja Golán, e o presidente da Federación, Carlos Noya.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A exposición "Anacos do rural de Compostela e A Coruña" inaugúrase este mércores no Recinto Feiral de Amio

14/12/2018

O hall principal do recinto feiral de Amio acolle este mércores, a partir das 11:45 horas, a inauguración da exposición Anacos do rural de Compostela e A Coruña, unha selección de fondos fotográficos pertencentes á edición multimedia Galicia na memoria, unha escolma fotográfica e cinematográfica de Galicia elaborada grazas á colaboración coa Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que aporta os seus valiosos fondos sobre a Galicia rural, recollidos entre 1934 e...

Leer más

CENTROS CÍVICOS

A rede de centros cívicos recibe a visita do Apalpador

13/12/2018

Desde esta semana e ata o 4 de xaneiro, o Apalpador visitará a rede de centros cívicos de Santiago, acompañado de música, maxia e malabares. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe o programa "co que o Concello quere dar a coñecer esta figura tradicional do Nadal galego, que tamén percorrerá as rúas de Compostela o 21 de decembro".

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto e Cineclube de Compostela homenaxean ao cineasta Claudio Guerín Hill

13/12/2018

Despois do éxito viral que tivo a proxección dos episodios da serie Coñeza vostede España, Compostela e Hacia Santiago na Carta Branca que o festival Curtocircuíto e o Cineclube de Compostela lle concederan a Ezequiel Méndez Vidal no pasado mes de outubro, ambas partes volven a colaborar para proxectar as devanditas curtas, esta vez no Teatro Principal de Santiago, nunha sesión de balde o próximo sábado 15 de decembro ás 19:30 h.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello entrega as Medallas de Ouro da cidade

13/12/2018

O Concello de Santiago fixo entrega esta tarde da súa máis alta distinción, a Medalla de Ouro da cidade, ao empresario José Otero e á agrupación Cantigas e Agarimos. Foi nun acto que presidiu o alcalde no Hostal dos Reis Católicos, e no que Ramón Castromil recibiu ademais o título de Fillo Predilecto de Compostela.

Leer más
Compartir: