ALCALDÍA
Remata unha nova edición do Curso Internacional "Música en Compostela"
Un ano máis, os alumnos do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, pasaron pola Casa do Concello. A edición número 52 desta recoñecida actividade remata o sábado 15 de agosto despois de dúas semanas de leccións e concertos para máis de 120 alumnos de 18 países.
EMPREGO
A Plataforma de Intermediación Laboral de Promoción Económica ten máis de 2.600 persoas inscritas
O Servizo de Intermediación Laboral da Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten no seu aplicativo informático, denominado Plataforma de Intermediación Laboral, 2.643 persoas inscritas. No primeiro semestre de 2009, o servizo recibiu 817 novas solicitudes. Destas persoas, 472 son mulleres, o que representa o 70% do total.
CIDADE HISTÓRICA
A reurbanización da rúa do Olvido permitirá comunicar harmonicamente Belvís co Ensanche compostelán
Continúan a bo ritmo as obras da rúa do Olvido e do seu contorno, incluídas nos Fondos de Investimento Local. Esta actuación comunicará a zona de Belvís co Ensanche compostelán e permitirá eliminar beirarrúa actual de formigón para substituíla por lousas de pedra. Ademais, construirase un aparcadoiro soterrado.
CULTURA
Xornada de contrastes no Festival dos Abrazos con Meng Wang e Dj Floro
O Festival dos Abrazos propón para o venres 14 un día de contrastes musicais. Na Igrexa de Santa María do Camiño, ás 13:00 e ás 20:00 horas, a intérprete chinesa Meng Wang achegaranos ao son oriental máis antigo a través do guzheng, un instrumento tradicional do seu país. Pola noite, ás 23:30 horas, diante da Zona "C", no parque de Bonaval, unha nova sesión de Abrazos Dixitais, na que Dj Floro exprimirá todas as posibilidades da mesa de mesturas.
BENESTAR SOCIAL
Encontro Interxeracional de Xogos Tradicionais en Fontiñas
O Programa de Educación de Rúa, promovido pola Concellería de Benestar Social, segue coas súas actividades. Desta vez, a rúa Berlín, fronte a Área Central, en Fontiñas, acollerá o venres 14, de 16:00 a 20:00 horas, un Encontro Interxeracional de Xogos Internacionais.
EDUCACIÓN
Continúan as visitas didácticas á exposición "Chaplin en imaxes"
Ata o 30 de agosto permanecerá aberta na igrexa da Universidade a exposición Chaplin en imaxes. Tamén ata esa data continúan desenvolvéndose visitas didácticas a esta mostra. O xoves 13 de agosto, ás 11:30 horas, tocaralles aos nenos e nenas da colonia de verán do Colexio Santa Apolonia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Laraño gañará dous novos espazos para usos múltiples e xuntas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, realizou unha visita ás obras de ampliación, mellora e acondicionamento do Centro Sociocultural de Laraño. Durante a visita estivo acompañada de representantes da Asociación de Veciños, do arquitecto e dos xefes de obra.
CULTURA
A tradición circense oriental aterra no Festival dos Abrazos co espectáculo dos xaponeses Senmaru & Yuki
O Festival dos Abrazos está a converter por segundo ano a Praza das Praterías no mellor escenario para as diferentes disciplinas circenses, con citas todos os martes e xoves. Son propostas para todos os públicos e deseñadas pensando de xeito especial nos máis pequenos. Teñen, ademais, un obxectivo dobre, por unha banda, amosar os espectáculos máis innovadores do novo circo galego e, pola outra, achegar a Compostela as tendencias noutros países e noutras culturas.
CULTURA
"Compostela natureza" enche de verde o xardín de pedra da cidade vella
A exposición fotográfica Compostela natureza levará o verde á cidade vella compostelán durante todo o mes de agosto. Trátase dunha mostra de vinte imaxes captadas nos diferentes parques e xardíns de Compostela polo fotógrafo Fuco Reyes.
CULTURA
A danza de raíz chega ao Festival dos Abrazos coa nova peza de Mercé de Rande
O Festival dos Abrazos acolle o mércores 12, en sesión dobre, ás 13:00 e ás 20:30 horas, a nova peza de Mercé de Rande, Concerto solo (regando as raíces). Neste espectáculo, que terá lugar diante da igrexa Bonaval, a bailarina viguesa estará acompañada da violoncellista Macarena Montesinos.